sobre a nobre arte dos haluros de prata

Só un amante practicante da atrocidade esaxerada como Thomas Bernhard – un tipo que sempre me tivo pinta de bon vivant, ou de introvertido parásito de costa mallorquina- puido desembocar na mellor e máis brillante literatura das postrimerías [post this rim] do milenio dous. O xeito en que sostén calquera opinión como esta, sobre aSeguir lendo “sobre a nobre arte dos haluros de prata”

es chrysalis

A Olivetti Lettera adquirida por alguén da familia nos 70 axudoume,  a principios dos 90,  a escribir este poema dunha moza de provincias duns 17, cunha fe inquebrantable na escrita, os seus poderes sobrenaturais e etcétera. O texto orixinal está en castelán. Conmovede, oh, e soportádeo! metamorfoses Anxo cun inútil exceso de ás. Neve caídaSeguir lendo “es chrysalis”

cara á levitación universal

Sedíame eu traballando nun texto intitulado Glissando cara á levitación universal cando recibín o último de Pablo Gallo, unha micrometraxe que aúna tres das cousas que sempre arelei [lorelei] facer nesta vida: beber dun botixo, levitar e penetrar nas entrañas dun aeroxerador. E é por iso que o odiamos, a Pablo Gallo, é por iso.Seguir lendo “cara á levitación universal”

morriñas sen gravidade

Acabou o mes de, entre outras cousas, a pegada na lúa. Nunha canle de televisión pasaron un documental sobre astronautas. Norteamericanos, claro. Sobre rusos é moi estraño velos, a pesar de ser eles os xenuínos portadores do xen cosmonauta. Isto dígoo eu, naturalmente. O documental céntrase nas sucesivas misións do sonado programa Apolo. Cunha músicaSeguir lendo “morriñas sen gravidade”

fragmento de alma na que

[…] As noites si. As noites son máis dolorosas. Todo é máis livián en xullo. Nada importa tanto en xullo. Como Luminal, así a luz de xullo. A luz polarízanos. A luz que nos oxida. […] Fragmento do poema Corte transversal de un año humano, dentro do mes de xullo, incluido nun Almanaque que seráSeguir lendo “fragmento de alma na que”