tramadol

Analxésico que alivia as dores ocasionadas pola carencia ou inconsistencia dunha Trama. Recomendado a escritores/as con Fe nos Nobelos. A parellas que ignoran como rematar unha Historia. A indecisos que non acertan co primeiro paso cara á Primeira Palabra. A humanos con fe en que toda Causa conleva necesariamente unha Consecuencia. A quén non.  

adiantando ao sol en curvas perigosas

Ultimamente souben que hai xente que: – volve ao troco en pleno post [trans?]capitalismo: ofrece patacas da súa eira a cambio de conexión wi-fi. – planea ver amencer no cabo de Gata e, no mesmo día e tras atravesar de cabo a rabo a pel de touro adiantando ao sol en curvas perigosas, chegar aSeguir lendo “adiantando ao sol en curvas perigosas”

zombies boureando: cerebro!

É posible que vivamos nunha era cerebral. Que o ritmo do corazón sexa traducido a código neuronal. Que as nosas hormonas dicten as túas ideas. Que o único que queiramos reproducir no mundo sexa un vasto circuíto de dendritas. Que tamén a nosa intelixencia  sexa artificial. As cidades acesas na noite como neuronas, o universoSeguir lendo “zombies boureando: cerebro!”

voyeur espontáneo

baseado nun email real A presentación do Voyeur? Emerxer do metro tras horas de aeroporto, avión e túneles e velaí que torsos espidos na herba do Retiro léndose mutuamente a Tolstoi e a Safo [ou talvez a Bernhard e a Preciado], bikinis e panos de scout, voyeurs á sombra, sos cos seus petos, policía voyeurSeguir lendo “voyeur espontáneo”