humano, demasiado non humano

  Cando se ten tos, fálase menos e pénsase máis. Bueno, a ecuación non ten por que ser así si e sempre. Pode devir en que, simplemente, se fale menos. Estes días, como xa cuspín no post previo, tuso. Tuso e, moi de cando en vez, penso. Os pensamentos. Cometas de periodicidade difusa, anárquica. Vacilona. CandoSeguir lendo “humano, demasiado non humano”

a pulmón

Levo días sen escribir e iso apágame da vida. Levo días sen escribir porque acumulei demasiadas notas de futuros posts nos últimos días en Barcelona, nos únicos días en Madrid e nos días alternativos de voos Santiago-Barcelona, Santiago-Madrid, BCN-SDC, MAD-SDC. Demasiadas notas. Demasiado amor por un fillo. Todo iso conforma unha nube-de-tags, un clúster deSeguir lendo “a pulmón”

aleatorio cancións

Saio correndo do teatro [Teatre Gaudí, Padre Claret 120]. Atraveso este blog e tiro para adiante. É a primeira vez na miña vida que corro por Barcelona. Visitara Barcelona varias veces antes, tres concretamente [la 1ª por coraje, la 2ª por capricho, la 3ª por placer] pero nunca vivira nela. Nunca correra nela. Hai queSeguir lendo “aleatorio cancións”

b(azar) II

A través desa arma cargada de futuro polo diaño -Facebook é o seu nome- chégame unha proposta baseada na aleatoriedade: xogar a ser deseñador de portadas de discos inexistentes a partir das procuras random da wikipedia, de flickr ou das wikiquotes. Como vivo estas semanas nun hotel branco con wi-fi, almorzo-buffet e tedio-opulento, acepto. LástimaSeguir lendo “b(azar) II”

7º avión

Por cuarta vez en 20 días emprendo viaxe. De cada vez, súbome ao avión máis silenciosa. Miro pola fiestriña. Nunca hai xente. Só casas, coches, granxas, camiños infinitos a montañas infinitas. Nubes que non son nada, apenas unha vibración na cabina. Unha sensación de membro fantasma. No oído. No exterior. Na alma. Nos bosques solitariosSeguir lendo “7º avión”

ser texto que

É malvada a escritura. É tramposa. Fíxoche crer no teu prodixio persoal. As túas cartas imaxinativas e audaces, os teus exames de matrícula de honra, as túas redaccións louvadas polas monxas, primeiros relatos e poemas cheos da zoupona seiva do crecemento. Por escrito ti eras tóxica coma todo o fabuloso. Ramificaches no aire. Escribiches sobreSeguir lendo “ser texto que”

andamos a voltas na noite e somos consumidos polo lume

O palíndromo latino da entrada anterior [in girum imus nocte ecce et consumimur igni], alén de vello esconxuro de propiedades máxicas ou mesmo alquímicas,  é coñecido como o verso do diaño. Ata onde eu sei do diaño tamén a el se lle atribúe a inspiración do tritono ou  cuarta aumentada, antes denominada o diabolus inSeguir lendo “andamos a voltas na noite e somos consumidos polo lume”