de illas curiosas e traducións: San Simón

Estes días celébrase o Festival Sinsal en San Simón, unha illa do concello de Redondela, na estroboscópica ría de Vigo: lugar con enigma, por pouco inaccesible. Un paraíso singular, como o é ese festival musical que acolle: cun cartaz de músicos descoñecido até polos propios asistentes, xusto ata chegaren alí. Esa illa curiosa, denominada oficialmenteSeguir lendo “de illas curiosas e traducións: San Simón”

Alice Oswald- Varios Portentos

Veño de descubrir a voz de Alice Oswald, unha das máis recoñecidas da poesía británica actual, célebre por unha peculiar versión lírica da Ilíada centrada nos seus personaxes secundarios, marxinais e esquecidos ( o libro titúlase Memorial). Ou un libro dedicado a un río e á comunidade ao seu redor (Dart). Calquera que me coñeza unSeguir lendo “Alice Oswald- Varios Portentos”

traducións a xaponés

No último obradoiro de poesía da illa de San Simón, guiado por Yolanda Castaño – e do que saberemos máis en breve- o poeta xaponés Yasuhiro Yotsumoto, con quen compartira o Poetas (Din)versos do ano 2012, traduciu varios poemas meus [en tanto que eu facía o mesmo cunha manchea dos seus]. As traducións neste obradoiroSeguir lendo “traducións a xaponés”