Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto

Arredor da figura de Roberto Vidal Bolaño artellouse un espectáculo que está tendo lugar estes días no Teatro Colón: As Marxes da Desgraza. Retallando e retellando fragmentos de obras como Anxeliños, Rastros ou Saxo tenor, 12 alumnos actores deste laboratorio acompañados pola actriz Lucía Regueiro andan entre a desherdanza, a borracheira e a lucidez. Algúns cambaleando un pouco máis ca outros, vaia.

As 6 funcións levan dende o luns rematan o xoves 16 ás 20:30. A entrada é de balde e coido que o grande traballo de sutura e dirección -by Santi Cortegoso– , así como a dedicación visceral e o talento dos alumnos do laboratorio merecen moitísimo a pena. Estamos en tempos de Frankenstein e esta nova criatura bolañesa quedou xeitosa e un pouco melancólica, como supoño debe ser.

1364288960958_300_300_A_19c8fa94355fdd8d5f32f32b7b7eee

Os actos rematan entre o venres e o sábado: o venres 17 de maio cun recital poético en torno á marxinalidade: Serán! no que os 12 mozos e mozas, armados cun libro na man, farán gravitar poemas de Safo de Lesbos, Omar Khayyam, Szymborska, Pizarnik, Bukowski, Rosalía, Vidal Bolaño, Panero, Avilés de Taramancos, Samuel L. París, Angélica Lidell, Lispector… nun mosaico de poemas duns 50 minutos acompañados dos microcosmos sonoros fabricados cun piano, un clarinete, unha batería con cortina de ducha e mais un aquófono. A entrada tamén é de balde, ás 20:30.

recital Serán copia

O sábado 18 de maio haberá un concerto coa palabra e a letra dos temas como eixo fundamental. Letras da periferia, que comezarán orbitando cun Sagan Bowie Stardust e viaxarán por diferentes linguas e culturas até vir morrer ao Atlántico. Cantos dende a marxe. Cos mesmos músicos do recital e das funcións teatrais. Tamén ás 20:30. Tamén no Teatro Colón. Tamén de balde.

concerto canto dende as marxes copia

One thought on “Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: