Hoxe, a singularidade do calendario, o 29 de febreiro, lembro a Rosalía, xa que non o fixen o 24. E escribo aquí de novo o poema que me encargaran a partir duns versos dos Cantares Gallegos. Pasaron case dous anos e segue a ter sentido. Estes son os versos de Rosalía e, de seguido, o poemaSeguir lendo “e dun golpe, dun soio/ deixainos con vida”
Arquivos de etiqueta:Rosalía de Castro
Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto
Arredor da figura de Roberto Vidal Bolaño artellouse un espectáculo que está tendo lugar estes días no Teatro Colón: As Marxes da Desgraza. Retallando e retellando fragmentos de obras como Anxeliños, Rastros ou Saxo tenor, 12 alumnos actores deste laboratorio acompañados pola actriz Lucía Regueiro andan entre a desherdanza, a borracheira e a lucidez. AlgúnsSeguir lendo “Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto”
nove poetas galegas dialogan cos versos de Rosalía
Por aquí andamos, no acto ao que me referín nesta entrada. Na imaxe fixa vedes a María Xosé Queizán no 35′, co seu rap. Lupe Gómez no minuto 17. Luz Pozo no 29′. Olalla no 42′. Xiana no 45′. Yolanda no 49′. Eu ando a partir do 54′. No 1:04 Lorena Souto e no 1:09 Ana Romaní.Seguir lendo “nove poetas galegas dialogan cos versos de Rosalía”
o transvisible
O Consello da Cultura Galega, xunta a Fundación Rosalía de Castro, púxose en contacto cunhas cantas persoas do sexo feminino e, como era de esperar, deunos un consello. Un consello cultural. Un consello galego. Dentro dos actos arredor do congreso «Rosalía de Castro no século XXI», os centocincuenta anos de Cantares Gallegos, o día daSeguir lendo “o transvisible”