Un corte de luz arruinoume parte do traballo, pero sobreviviu un dos bocadillos nos que Little Nemo fala galego [hai que clicar e ampliar, témome]:
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
saudade dos volumes
Ou libros blues. Se unha biblioteca é unha fraga podre con fungos, bichos, celulosa e follas mortas… o papel da resina que transforma en ámbar corresponderíalle á tinta
traducirse/traizoarse
Un primeiro borrador rascunho dunha autotradución ao inglés. Con saberme as letras dos Pixies e Tracy Chapman non me chegou, témome. /serial monogamies on ikea shelves/ How good would my tolstois look among your dostoievskis petrified on the ice of the central shelf, just before thawing out in nabokovs fields bakunins boiling. My coetzees wouldSeguir lendo “traducirse/traizoarse”
un conto de Grace Paley
Este é o primeiro dunha serie de contos de Grace Paley que ando a traducir a galego. Non podo dicir que o seu estilo sexa exuberante nin cautivador, tira máis ao parco, ao esmoucado. Vese que lle interesa máis o óso da historia que a carne para churrasco ao seu redor. Ten ese aire norteamericanoSeguir lendo “un conto de Grace Paley”
autorretracto
Hai varias semanas, o fotógrafo A. C. solicitoume un texto “algo así como un autorretrato” para un proxecto de seu. Os autorretratos déixannos coa cullerada de iogur a medio camiño da boca. Que é boa parte da poesía nos últimos séculos senón un redundante autorretrato do seus autores? Un autorretrato honesto cando son bos, descaradamenteSeguir lendo “autorretracto”
outra volta ao reloxo de area- Adalber Salas
En outubro de 2009 entramos na libraría El Buscón, no Trasnocho do Centro Las Mercedes, logo dunha caravana innegociable polas rúas do centro de Caracas. Había que ir con présa, antes de que se nos botase enriba unha noite que o deixa todo pelado e á intemperie. Na cidade vívese cunha especie de toque de queda,Seguir lendo “outra volta ao reloxo de area- Adalber Salas”
mazando a Borges: “o que le as miñas palabras está inventándoas”
Con ese aquel de blasfemia que ten traducir a Borges -o idolatrado e logo esquecido e logo de novo mazado Jorge Luis Borges-, traduzo e mazo sete veces tres poemas seus. Borges coma polbo á feira, Borges á feira, e de feira estamos: hoxe cumpriría cento e pico anos e seguiría polo mundo, facéndose oSeguir lendo “mazando a Borges: “o que le as miñas palabras está inventándoas””
monogamias sucesivas en andeis de ikea
Os excesos metaliterarios, antes de dar o chimpo a outra era literaria máis ascética e pseudoanalfabeta -todo isto son conxecturas miñas- paren poemas coma este, hibridando o noso estar-no-mundo co noso manter-unha-biblioteca e, sobre todo, o noso relacionarnos cos demais a través de libros. /monogamias sucesivas en andeis de ikea/ Que ben quedarían os meusSeguir lendo “monogamias sucesivas en andeis de ikea”
máis sangue, por favor
Outro dos posibles textos para a antoloxía do sangue, compilada por Luna Miguel [Sangrantes]: /período. inesperada forma de pera/ Podo aínda falar da épica de min cunha pinga de sangue a fumegar no chan do baño? Podemos? Que saibades logo que no século XVIII saímos a cortar maionesas por aí Lembro un xoves do anoSeguir lendo “máis sangue, por favor”
política, kokeshi e matrioshkas segundo Sloterdijk
Malia que o significado orixinal das bonecas xaponesas kokeshi non está aínda moi claro – quizais Dores Tembrás nos saque das tebras, xa que ela posúe unha estupenda colección de variados tamaños e formas – atopo nunha pasaxe de “En el mismo barco”, nano-ensaio de Peter Sloterdijk publicado en 1993, o seguinte entretecido de historiasSeguir lendo “política, kokeshi e matrioshkas segundo Sloterdijk”