Aló van 52 anos disto. Xa nevou. Non poucas veces asistín a reunións de persoas que, consonte aos estándares da cultura tradicional, considéranse moi cultivadas e que expresaron con verdadeira fruición a súa incredulidade ante a incultura dos científicos. Unha ou dúas veces sentínme provocado e preguntei aos presentes cantos deles eran quen de enunciarSeguir lendo “neve sobre Snow”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
enxertos de memoria para un clon
Fumar pode matar. Pero as caixas dos que fumaban estaban cheas de tesouros. Tesouros que, sendo tamén mortais, duraban un pouco máis ca eles. Ver isto nos 80, nunha casa dun confín terrestre, unha casa de 3. Cando a unha nai daquela nova aínda lle gustaba Gregory Peck e o fillo maior non coñecía porSeguir lendo “enxertos de memoria para un clon”
a menos que
A MENOS QUE Quitas o enxerto de memoria. Quita o seu tendón de titanio. Quitas a vella escafandra. CCCP. Quita un borsalino gris chicago. Mingua o sol. O mesmo de sempre. Quitas roupa setenteira, sesenteira, anos 50. 40. Vintage. Ao luar dunha soa lúa todo parece menos cínico. Pero máis máis ionki. Quítase gravatas eSeguir lendo “a menos que”
home. muller. café
Un home e unha muller sentados nun café. Mirándose aos ollos e moito tal. Alguén bota zucre, remexe ben. Bébeos. Un home e un café sentados nunha muller. Un home e unha muller sentados nun café. Sendo imaxinados por unha muller e un home que sentan noutro lugar, non se ve ben, pode tratarse dunhaSeguir lendo “home. muller. café”
casa de citas XXXVI
Nesas andamos, máis ou menos. Por culpa desa demanda punxente de grandes escritores todos os recén chegados semellan saídos dunha cámara de torturas: dópanse, lábranse, fustríganse; queren estar á altura da súa época. E o crítico, pola súa banda, non cede: custe a quen custe, descubrirá, ese é o seu cometido –esta época non éSeguir lendo “casa de citas XXXVI”
siamesendo una altra volta
Prevenuti
salto conceptual
Atrapar saltón cun trueiro. Meter saltón en bolsiña. Velo mover as anteniñas na viaxe de volta. A peluxe suave sobre o exoesqueleto. Élitros, que son ás, que son un “avoaragoraxa” para o saltón. Collerlle algunha clase non identificada de agarimo ao saltón. Sentir mal polo saltón. Sentir peor polo saltón. Imaxinarse saltón en bolsiña plástica,Seguir lendo “salto conceptual”
if it be your will
that I speak no more and my voice be still as it was before I will speak no more I shall abide until I am spoken for if it be your will. Se esa é a túa vontade que eu non fale máis que a miña voz cale como antes calou xa non falarei máisSeguir lendo “if it be your will”
praia de Xuño
Bucear abrindo os ollos. Xa me tarda. Sacar area do cráter dun iris.
poesía=publicidade=músculo de materia gris=parvada=sapiens
NADA ACONTECE ALÍ ONDE VIVIMOS E O TEMPO NON PASA ESTAMOS PETRIFICADOS NUN MOMENTO ELÉCTRICO REPENTINO COMO O INTRE NO QUE ACENDEMOS OS FAROS DO COCHE COMO O INTRE DE IMPACTO DUN TIRO DE COCA NON LLES HAI HISTORIA AQUÍ O ESPECTÁCULO [FAMA] QUE TOMA O SEU NOME DO ESPECTRO [PANTASMA] É O QUE MANDASeguir lendo “poesía=publicidade=músculo de materia gris=parvada=sapiens”