o clic

Escribir é un dispositivo de silenzo, non descubro a pólvora con isto. A esquizofrenia do escritor dáse porque debe rechouchiar, gorgolejar, enxamear, polinizar, radiactivar, atoparse con, conspirar, tramar, ensarillar, ensaraollar, facer encaixe de bolos, de bolillos, de bolachas, divertir, entreter, sublimar, disolver, imantar, modular a voz, jet-laggear, facer rir, facer chorar, conmover, zunir, quedar ben,Seguir lendo “o clic”

ti es o que escribes

En internet, ti es iso que escribes. Ben sei que xa o dixen moitas veces, pero é que debo escribilo máis unha vez: aquí, neste reino binario, ti es o que escribes, máis nada, restras de letras [Stevenson dicía, dicía Borges, que un personaxe só era unha restra de palabras] pausas, intermitencias, un tipo deSeguir lendo “ti es o que escribes”

casa de citas XXXI- poem pistols

O poema que está sentado no extremo sur do sofá desenfunda e di: ¡a rascar os collóns! Ch. Bukowski, toca o piano borracho como un instrumento de percusión ata que os dedos empecen a sangrar un pouco, Eds. Positivas, 1993 Lin iso no 94 nun libro que -e decátome hoxe, J.- nunca devolvín ao seuSeguir lendo “casa de citas XXXI- poem pistols”

o que lemos

Por terceira vez na vida, escribo un poema para un poeta morto e celebrado no día das letras galegas. Non sei cándo [nos veremos], mais en breve ha saír un libro colectivo sobre Lois Pereiro en Xerais. Eis o texto que entreguei: | o que lemos | A masa literaria faise carne carne de papelSeguir lendo “o que lemos”