Abstéñanse de vir aquí os que non saiban ler, por favor.
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
xénero que foxe
… e seguiu correndo por esta páxina arriba, en dirección á estación de tren da fronteira, sen máis destino que ese, esta páxina e esa estación. Vímola tropezar e volver levantarse, tropezar unha vez máis con puntos e con comas, rodar sobre unha aliñación de puntos suspensivos, agarrarse ao gancho dunha interrogación aberta. Hai momentosSeguir lendo “xénero que foxe”
orionés
No centro da nebulosa da constelación de Orión hai unha mancha de tinta. Onte vina, claramente, dende o meu telescopio. Pensei por un momento que a súa lente estaba sucia, así que o desmontei con coidado e limpeino. Volvín achegar o meu ollo, o ollo ao telescopio. Encadrei Orión. Aquilo seguía alí e, seguindo aSeguir lendo “orionés”
a ilusión dos congresistas
XXX Congreso de Maxia na Coruña. Podes probar alí ese truco teu de asistir a algo sendo invisible. Quen máis e quen menos, xa o fixo algunha vez. Non unicamente nos congresos. Animádevos, oh, ánimas! [Texto baseado en feitos reais e nunha conversa por SMS con L.]
zero
ZERO Se abondase cun texto informe para deformar o espazo-tempo e incluírnos a nós mesmos en calquera rexión do que ten sido … puntos suspensivos esixe agora o innomeable chegamos ao momento en que non se sabe qué dicirse. E con todo internámonos alén desta folla. Pasamos a Marola. Lendo desde atrás estas palabras queSeguir lendo “zero”
seriedade
Tomarse en serio a unha mesma é un dereito -un deber- reservado ás almas ridículas.
sobre a nobre arte dos haluros de prata
Só un amante practicante da atrocidade esaxerada como Thomas Bernhard – un tipo que sempre me tivo pinta de bon vivant, ou de introvertido parásito de costa mallorquina- puido desembocar na mellor e máis brillante literatura das postrimerías [post this rim] do milenio dous. O xeito en que sostén calquera opinión como esta, sobre aSeguir lendo “sobre a nobre arte dos haluros de prata”
es chrysalis
A Olivetti Lettera adquirida por alguén da familia nos 70 axudoume, a principios dos 90, a escribir este poema dunha moza de provincias duns 17, cunha fe inquebrantable na escrita, os seus poderes sobrenaturais e etcétera. O texto orixinal está en castelán. Conmovede, oh, e soportádeo! metamorfoses Anxo cun inútil exceso de ás. Neve caídaSeguir lendo “es chrysalis”
cara á levitación universal
Sedíame eu traballando nun texto intitulado Glissando cara á levitación universal cando recibín o último de Pablo Gallo, unha micrometraxe que aúna tres das cousas que sempre arelei [lorelei] facer nesta vida: beber dun botixo, levitar e penetrar nas entrañas dun aeroxerador. E é por iso que o odiamos, a Pablo Gallo, é por iso.Seguir lendo “cara á levitación universal”
chico malo
Fragmento de Chamada aos malos poetas, de Rodolfo Fogwill […] Á caza do home, por fame, corren todos, saltan da cuadrícula e son zampados. Todo iso abonda: faltan os poetas, os mil, os dez mil malos, cada un armado co seu libro de merda. Faltan, os seus ensaíños e as súas “novela en preparación”. Ah..Seguir lendo “chico malo”