Se os homes xogan a deuses por escribiren novelas… déixannos ás mulleres a posibilidade de sermos Virxesmarías en libriños de poemas? Lido por aí, nunha libreta moi vella
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
Cabiria Hipnotizada
felicidade clandestina
Clarice Lispector. Ucraína e brasileira. Unha especie de oxímoron andante, escribinte, silandeiro. Arelante. Os textos de Clarice teñen algo de aparición no alto das escaleiras. Sobrecollen un pouquiño. Ás veces. Este é un dos contos que máis tardei en esquecer escrito por ela. De feito, polo de agora non logrei esquecelo nunca. Iso é moitoSeguir lendo “felicidade clandestina”
blogtroll
Nos últimos tempos un troll visitou este blog e logo paseou por outro coa mesma cantilena. Claro que o segundo blog era “da mesma póla” ou seica compartían sombra e non pasou nada. Que queren que lles diga, critíquenme ou non, non me van os trolls. Nin que dicir dos curas [cu (ltu)r(et) as] queSeguir lendo “blogtroll”
poster idade
Outra foto miña? Pero que é isto? Que representa un blog ? Outra burda manobra de popularidade? Como a televisión? Búscome a min mesma [nesta etapa do personismo en termos de Vicente Verdú, neste episodio da historia con maiúscula?] en cada foto miña que penduro, en cada texto que publico? Aspiramos a ser a imaxeSeguir lendo “poster idade”
casa de citas XIV
No mundo da ciencia a palabra máis emocionante non é ‘eureka’, senón ‘vaia” Lido por aí, nunha revista de divulgación científica
maxiak
Hai unha semana traizoei á miña cidade no delicado momento no que estreaba como anfitriona da Feira de Artes Dixitais Move, da que quedei coas ganas, as moitas ganas; traizoeina porque o domingo conducimos o noso coche rumbo a Vigo, a cidade destartalada, a cidade sen lei, a cidade gabeadora. Carnívora. Clausurábase o Art FuturaSeguir lendo “maxiak”
calcetar un xersei para descalcetar a vida
Hoxe ás 19:00 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, 7 mulleres damos vida aos personaxes do Club da Calceta de Teatro do Morcego, aínda que no meu caso non dou vida exactamente, senón ultravida… O máis prodixioso de pertencer a unha compañía de teatro un pouco zíngara que percorre Galiza dende marzo e naSeguir lendo “calcetar un xersei para descalcetar a vida”
por issuu
Estíbaliz…Espinosa, aka A Criatura Mecánica [aka Opia] vén de publicar escolmas persoais en issuu. http://issuu.com/criaturamecanica http://issuu.com/criaturamecanica/docs/textos_carbon_feros http://issuu.com/criaturamecanica/docs/escolma_de_mec_nica_zeleste
alguén que ande por aí sabería polaco?
Foi no 98, ou quizais no 99. Non foi por idolatría, cousa que odio por patética, senón por curiosidade. Curiosidade devota, si. Escribinlle unha carta a Wislawa Szymborska. Busquei unha tradutora polaca e reescribina toda. En polaco. Sentíame tan preto dela, desa octoxenaria, separadas polo grosor dunha ou dúas páxinas… crinme investida de confianzas eSeguir lendo “alguén que ande por aí sabería polaco?”