un conto inédito: omertá

O ano pasado concorrín ao certame de relato corto Cosecha Eñe cun conto traducido a castelán que quedou finalista desa convocatoria. Como tal, apareceu no volume invernal da revista onda o relato premiado e outros finalistas. O meu irmán nunca puido lelo. Faleceu unhas semanas despois de recibir a revista en casa. 18 anos despois de todoSeguir lendo “un conto inédito: omertá”

Manual de ruleta rusa, de Pablo Gallo

Pablo Gallo faise pasar por, unicamente, ilustrador/pintor/debuxante. Ja. Moi listo. Acaba de saír do prelo este espléndido Manual de ruleta rusa, editado por Aristas Martínez. Quen o ilustra? Pablo Gallo. Quen o escribe? Pablo Gallo. Virando dende o lirismo instrutivo das primeiras páxinas – alla cronopia maniera-, punteando un mapa explicativo de por que un libroSeguir lendo “Manual de ruleta rusa, de Pablo Gallo”

nanolecturas de verán: abellas, poesía, clonación, Lewis Thomas

☢ La palabra Hiroshima es el insomnio puro Félix Grande Hoxe van 70 anos de Hiroshima. Durante este tempo non se nos bombardeou coa idea de que houbese unha responsabilidade humana, drástica e decisiva, detrás da maior hecatombe nuclear da historia. Ninguén pareceu sentir moi culpable por ter arrasado un par de cidades, agás o sonado caso do capitánSeguir lendo “nanolecturas de verán: abellas, poesía, clonación, Lewis Thomas”

origami do Universo, Lisa Randall e un «brane new world»

O pasado 1 de xullo na Cidade da Cultura o Salón de Actos do CINC deixou espazo para unha das maiores eminencias vivas sobre o modelo do universo multidimensional, encadrado dentro da cosmoloxía das branas e baseado na Teoría de Cordas e a Teoría M : a investigadora da Universidade de Harvard, Lisa Randall [acompañada polos físicos José Edelstein, JavierSeguir lendo “origami do Universo, Lisa Randall e un «brane new world»”

nanolecturas de verán: arañeiras, número e e Fabre

Jean-Henri Fabre. Que personaxe. Morreu hai 100 anos tras pasar a vida pateando a Provenza, sobre todo en pos de insectos e arácnidos, e esmelgando observacións sobre eles para mesturalas con ideas e poemas propios. Contemporáneo de Darwin, pero antievolucionista. Autodidacta. Crente. Fisgón. Dez tomos de «Souvenirs entomologiques». Dez tomos de souvenirs entomologiques se balanceaban sobre laSeguir lendo “nanolecturas de verán: arañeiras, número e e Fabre”

bolboretas e lolitas e Stephen Jay Gould

No percorrido destas liñas, Gould alicerza unha idea motriz: a arte [ou a literatura, xa que as toma indistintamente] e a ciencia e, en última instancia, a creatividade humana, teñen a súa orixe na mesma unidade mental que subxace a cada disciplina. Ambas son fillas tanto da imaxinación como da observación.

universais da creatividade humana

«Non imaxino un mellor caso de proba para extraer os universais da creatividade humana que o estudo das profundas similitudes no proceder intelectual entre artes e ciencias.» Stephen Jay Gould, Acabo de aterrar: o final dun principio de Historia Natural «I cannot imagine a better test case for extracting the universals of human creativity than the studySeguir lendo “universais da creatividade humana”

Piedad y deseo. Otros hijos de la misma noche

Hai agora pouco máis dun ano, o escritor e editor Fernando Marías contou comigo como «filla de Mary Shelley» para unha das publicacións que artella periodicamente arredor desta figura máis demiúrga do que ela mesma alcanzou a imaxinar, seguro. O libro leva por título «Piedad y deseo. Otros hijos de la misma noche». Canda textos da propiaSeguir lendo “Piedad y deseo. Otros hijos de la misma noche”

lasca

toda a noite fun lasca de pedra noite dos tempos lasca de pedra olvidada en Olduvai calcolítica sen importancia alguén traballoume horas e horas sentado sobre os talóns sentado sobre os taxóns sacoume de min -quizais non fose sentado quizais fose sentada- bifaz humus desta terra seca son arista son arisca son tan nómade comoSeguir lendo “lasca”

7 poemas de Samuel Pimenta

Samuel Pimenta [Alcanhões, 1990] recita cunha delicadeza e unha potencia ultramariñas. Coñecino en 2014, nas Raias Poéticas de Vila Nova de Famalicão, ás que fun convidada co poeta Tiago Alves Costa [de quen tamén subirei poemas e traducións a não tardar]. Velaquí deixo unha mostra de poemas que Samuel tivo a xentileza de me enviar e que podedesSeguir lendo “7 poemas de Samuel Pimenta”