A revista eñe no seu número de outono leva dentro o conto gañador [«Famous Blue Raincoat», de Aixa de la Cruz] e os nove finalistas desta edición do premio de relato Cosecha Eñe [Walter H. González, Manuel Crespo, Alejandro Morellón, Río, Alberto Haj-Saleh, Luis Bagué, Silvina Chague, Miguel Ángel Muñoz e Miguel Sanfeliu]. Entre os finalistas, unSeguir lendo “omertá”
Arquivo de categoría:literatura: esmelga de textos propios
Notas ao programa da OSG : Sibelius e Montsalvatge
O pasado 17 de outubro, a Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez, ofreceu un menú de nacionalidades en conflito: por un banda, o finés Jean Sibelius que vive e participa activamente no proceso de independencia do seu país, naquela altura aínda parte do Imperio Ruso e con grande influencia sueca; porSeguir lendo “Notas ao programa da OSG : Sibelius e Montsalvatge”
| carne de mural/carne de peixe |
| Carne de mural/Carne de peixe | Igual presentides que aquí vai pasar algo. Que a paz da superficie vai preñada de abismo e o abismo -gran de sal da mirabilia cardume de hordas descatalogadas- ábrese de carnes, cheirentas a balea. Carne de mural. Igual pareceuvos ver a ninguén, a Nemo nas anémonas da infanciaSeguir lendo “| carne de mural/carne de peixe |”
levantarnos Leviatán [II]
Hai un ano [3 de setembro de 2013] escribía esta entrada pola noticia da «baixada» do paro. Hoxe amencemos coa noticia de que o Goberno parece recuar ante o proxecto de lei do aborto de Ruiz Gallardón [todo sexa por mellorar as estatísticas, por lavar a cara, non porque as miles de mulleres prexudicadas porSeguir lendo “levantarnos Leviatán [II]”
limiar de As paisaxes eléctricas
Está a piques de saír do prelo o libro gañador do XXVI certame de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, do Concello de Dodro, o do ano 2013. A gañadora foi Cristina Ferreiro, que leva publicados varios volumes de poesía como A extinción dos harmónicos [adoro ese título], Ansiedade e planetas ou Abecedario póstumo. Ela suxeriume un limiar paraSeguir lendo “limiar de As paisaxes eléctricas”
Strauss e as súas XX
Pasou un verán recheo. Ana chegou nos Gavieros que cruzaron a península no solsticio de verán, de Cabo de Gata a Cabo de Fisterra, para ver saír e poñerse o mesmo sol no mesmo día. Logo foron as Veus Paral.leles polos Països Catalans. A visita de Venezuela. A viaxe a ver -por fin- as mansSeguir lendo “Strauss e as súas XX”
placas de Petri con Joana
O pasado 10 de maio celebrouse no Parque de Santa Margarida da Coruña o XIX Día da Ciencia na Rúa, cada ano que pasa máis cheo de globos, nenos e música de coches de choque [por favor, por que?]. Asistira como paseanta a moitas das anteriores edicións, pero este ano participei tamén como colaboradora na haima do INIBIC [InstitutoSeguir lendo “placas de Petri con Joana”
:: o impensable ::
:: o impensable :: Os biólogos non o dan explicado. O universo, ao que nin lle vai nin lle vén, non o dá explicado. En Chernóbil florece a vida. | Ás 1:23 horas da madrugada do 26 de abril de 1986, produciuse unha grave disfunción no reactor 4 da Central Eléctrica Nuclear de Chernóbil | Mentres nosSeguir lendo “:: o impensable ::”
notas ao programa da OSG: Bach, Buide, Shostakóvich
Marcho á fotosíntese e á polinización por camiñada, pero antes penduro as notas ao programa delicioso e audaz que serviron a Orquestra Xove e a Orquestra de Nenos da Orquesta Sinfónica de Galicia o pasado 21 de abril na Coruña: Bach, Buide e Shostakóvich. Nada menos! Coa colaboración do Coro de Nenos para a peza deSeguir lendo “notas ao programa da OSG: Bach, Buide, Shostakóvich”
nin unha palabra máis alta que outra
Sobre estes versos dados de Rosalía, e para outra proposta colectiva en torno aos Cantares Gallegos: Cando foi, iba sorrindo, cando veu, viña morrendo; a luciña dos meus ollos, o amantiño do meu peito …saíume isto: >Nin unha palabra máis alta que outra< Circulen. Vaian sorrindo ordenadamente. Vaian morrendo sen perder pé. Por favor, oSeguir lendo “nin unha palabra máis alta que outra”