poema con ghatos

:: animalia felis catus :: aínda que non queira, para H. Non sei que tal lle iría á beleza sen vós. Dende logo á física cuántica mal. [Filo: Chordata] No reino animal, a vosa autoestima é envexable: credes Genghis Khan por aí a marcar territorios e o noso corazón con pelos. [Subfilo: Vertebrata] De abrírense algunhaSeguir lendo “poema con ghatos”

microrrelato en tren

:: 23 cromosomas de cercanías :: Durante os dous anos de tratamento, o tren foi o nervio central que te conectaba ao laboratorio onde hibernaban os embrións. Un rexional pola mañá, varias veces ao mes, rumbo ao ecógrafo onde se observaban -ou non – os ovocitos, drogados no seu reino de hormonas, e decidíase aSeguir lendo “microrrelato en tren”

túnel::mazá::irmán::estrela

Un microrrelato que ao final tivo unha vida inesperada.   túnel:: mazá::irmán:: estrela Xa moi enfermo do corazón e a cabeza, o meu irmán chegou unha tarde a casa con dous billetes de tren. «Contoume Medal que un dos túneles na liña Ferrol-Ortigueira é un buraco de verme.» Deixei a froita que estaba a piques de morderSeguir lendo “túnel::mazá::irmán::estrela”

«contén o alento», microartigo en Sermos

Artigo publicado no xornal en papel  Sermos o 10 de setembro de 2015. Con algunha corrección de último momento -escribir é reescribir para logo amosar as cicatrices-. contén o alento Tocouche vivir nun universo no que estás a ler un contido dentro dun continente. Non me refiro a Europa – Europa como continente ou comoSeguir lendo “«contén o alento», microartigo en Sermos”

un conto inédito: omertá

O ano pasado concorrín ao certame de relato corto Cosecha Eñe cun conto traducido a castelán que quedou finalista desa convocatoria. Como tal, apareceu no volume invernal da revista onda o relato premiado e outros finalistas. O meu irmán nunca puido lelo. Faleceu unhas semanas despois de recibir a revista en casa. 18 anos despois de todoSeguir lendo “un conto inédito: omertá”

Piedad y deseo. Otros hijos de la misma noche

Hai agora pouco máis dun ano, o escritor e editor Fernando Marías contou comigo como «filla de Mary Shelley» para unha das publicacións que artella periodicamente arredor desta figura máis demiúrga do que ela mesma alcanzou a imaxinar, seguro. O libro leva por título «Piedad y deseo. Otros hijos de la misma noche». Canda textos da propiaSeguir lendo “Piedad y deseo. Otros hijos de la misma noche”

lasca

toda a noite fun lasca de pedra noite dos tempos lasca de pedra olvidada en Olduvai calcolítica sen importancia alguén traballoume horas e horas sentado sobre os talóns sentado sobre os taxóns sacoume de min -quizais non fose sentado quizais fose sentada- bifaz humus desta terra seca son arista son arisca son tan nómade comoSeguir lendo “lasca”

da antimateria á materia

Para Guillermo Espinosa, sempre da antimateria á materia Se os soños nocturnos teñen unha función semellante aos diúrnos, daquela serven en parte para preparar aos humanos para calquera posibilidade L. Wittgenstein Sempre que soño con ela, a miña amiga S. pregúntame se saía guapa no soño. No desta noite saías ti. E debo dicir queSeguir lendo “da antimateria á materia”

outroras

| outroras | Que levante a man quen non se sinta fóra de tempo algunha vez. Por exemplo: máis contemporánea de Lucy, a australopitheco, que dos seus colegas de traballo. Cóbado con cóbado cos estromatolitos de hai 3.000 millóns de anos: hai días en que nos erguemos así. Pensas que Voltaire te había entender de perlas.Seguir lendo “outroras”