poema de amor dunha autómata

A morte de Luísa Villalta foi unha das primeiras ás que non quixen dar creto. Logo fun vendo que a vida está como balizada de perdas ás que non se quere dar creto. Nunca as tragamos de todo. Fican aí, nun limbo de incerteza. Nunha escaleira de Penrose, que leva a si mesma todo o tempo. Nunha caixa dunSeguir lendo “poema de amor dunha autómata”

soños de sapiens II

Hoxe, o histórico 25 de maio de 2015 neste país, lembro esta crónica dunha xuntanza mareante, a que instaurou a Marea da Cidade Vella, celebrada o 3 de setembro de 2014. Naquela altura, a Marea Atlántica levaba poucos meses xestándose no ventre do horizonte, chea de voces, mans, ollos, brazos e cerebros dándose coa palabra, a invención,Seguir lendo “soños de sapiens II”

no IES Miraflores

O pasado mes de marzo, dentro dos actos do día internacional da poesía, pasei unha estupenda mañá cos alumnos, alumnas e profesoras do IES Miraflores de Oleiros [A Coruña] e agora sempre lembro deles cada vez que miro unha das miñas cuncas para o almorzo [co logo do seu instituto, o fermoso deseño dunha alumna:Seguir lendo “no IES Miraflores”

as científicas que…

Dende o pasado 8 de marzo até finais de maio Cápsulas de son vén sendo unha serie de 13 episodios que se emite en Radio Voz todos os luns a partir das 13:30 tras outras tantas entrevistas a mulleres que traballan no eido da biomedicina. A temática das cápsulas versa sobre mulleres inquisitivas que non dubidaron en remangarseSeguir lendo “as científicas que…”

Notas para a OSG: Mosquera, Chaikovski, Saint-Saëns, Prokofiev

Esta noite, 18 de abril, catro pratos de primeira para a Orquestra Sinfónica de Galicia: o coruñés Federico Mosquera, Chaikovski, Saint-Saëns e Prokofiev baixo a dirección de Dima Slobodeniouk e con Natalia Gutman no violonchelo. Aquí as notas que escribín: FEDERICO MOSQUERA (1986) Rituales y sortilegios (2014) Coñecín a Federico Mosquera hai algúns anos. El era un adolescenteSeguir lendo “Notas para a OSG: Mosquera, Chaikovski, Saint-Saëns, Prokofiev”

número e

Deixo nesta entrada un poema dun libro que para min foi conflitivo, persoalmente: «número e». Obtivera o X Premio Espiral Maior en 2001, hai 14 anos. Publicouse 3 anos despois, tras unha crise, a crise. Crise co libro, cos libros, non sei eu moi ben con que. Non estaba satisfeita de todo e deille moitas voltas, pero moitas.Seguir lendo “número e”

poema sobre zombies

Nas estatísticas da páxina vexo a xente que busca poemas asociados ao meu nome por aquí e máis ou menos comprobo se a procura é ou non é frutuosa. Poemas sobre matemáticas, sobre física, sobre curiosidade, sobre música, cyborgs, autómatas, identidade ou biónica… e ultimamente hai alguén que procura o poema sobre zombies que escribínSeguir lendo “poema sobre zombies”

lentes gravitacionais de contacto

| 2 haikus | En la caverna un hombre de alta mira pinta lo que ve. Sobre la acera descubres la Rayuela. No pases. Juega. 1985 Guillermo J. Espinosa Río [xaneiro 1965-decembro 2014] | 3 haikus sen con tacto | Sol de xaneiro. Chisco os ollos nun xesto do meu irmán. Choven Xemínidas. Meteoros falan por ti senSeguir lendo “lentes gravitacionais de contacto”

«Vamos, universo! Infinito, case baleiro e medio imbécil! Dáme a enerxía toda!»

Hoxe que por fin irei ver «Interstellar» sen que a persoa que me deu parte da vida estea xa sobre esta Terra, aproveito para deixar aquí o poema que escribín para «Serial», o derradeiro proxecto literario no que colaborei con outra criatura esencial que nos deixou [e sinto que me deixou] este ano. Un mal ano para un fermosoSeguir lendo “«Vamos, universo! Infinito, case baleiro e medio imbécil! Dáme a enerxía toda!»”