Xa non lembro se finalmente saíu en 2006 ou 2007, nas súas páxinas non figura o ano e levaba tanto cocéndose que é posible que trabuque as datas. O «proxecto dos elementos» era unha fecunda-ida-de-olla do deseñador Samuel Fernández e o seu brazo armado, Acolá. Baseándose nos 4 elementos primordiais segundo Aristóteles, propúxose publicar 4Seguir lendo “| kosmonaut |”
Arquivo de categoría:literatura: esmelga de textos propios
levantarnos Leviatán
Disque baixou o paro en 31 persoas, 31 criaturiñas como 31 soles. Alguén pode dar esa cifra e non morrer de fulminante vergoña ? Pois si, pódese. Como outra cousa apenas sei facer, recupero dous textos nos que creo na forza que existe no Mundo Real, por fóra deste «telón de ceros» que ás vecesSeguir lendo “levantarnos Leviatán”
o tiburón que debería moverse sen cesar
:: o tiburón que debería moverse sen cesar :: O tiburón que debería moverse sen cesar, morreu. Sostémolo nos brazos, como a un familiar esbarrelado ou ao vello sofá escuro, nos brazos tendidos sostense, os mesmos brazos, os de sempre. Por eses brazos galoparon eguas ao principio, cando era o mundo unha nave, un ovoSeguir lendo “o tiburón que debería moverse sen cesar”
ser texto que {2}
Colgo de novo este, digamos, relato para a sesión de #ocorpoadebate de hoxe en Santiago de Compostela. É malvada a escritura. É tramposa. Fíxoche crer no teu prodixio persoal. As túas cartas imaxinativas e audaces, os teus exames de matrícula de honra, as túas redaccións louvadas polas monxas, primeiros relatos e poemas cheos da zouponaSeguir lendo “ser texto que {2}”
todas as vidas do rostro de H.
Maria Chenut é unha artista francoestadounidense que, logo de trece anos en Compostela, emigrou a San Francisco hai uns meses. Acaba de voltar este verán para presentar dúas exposicións en Ourense: unha colectiva [El gabinete de un aficionado/O gabinete dun afeccionado] e outra individual [Objects in mirror are closer than they appear/ Os obxectos nunSeguir lendo “todas as vidas do rostro de H.”
Joana in vivo {3}
O poema que escribín para acompañar as fotografías de Joana que metín nas placas de Petri -tamén fragmentos deste poema aparecen dentro de placas de Petri-: [in vivo ] I a placa évos redonda coma un nobelo transmite transmuta un fío de rexeneración en rexeneración […] cos característicos cristais en forma de agulla, presentando aSeguir lendo “Joana in vivo {3}”
subir poemarios para baixar
Acabo de subir [para baixar] Zoommm.Textos biónicos, o poemario que publicara online n’A Regueifa Plataforma no 2007 e que logo saíu no formato clásico de papel con Edicións Xerais en 2009. Aparece tal cal o publiquei, a mesma capa coa fotografía que amablemente me permitiu usar Pequena Suricata. O mesmo documento que pendurara Noel FeánsSeguir lendo “subir poemarios para baixar”
texto Corcoesto
Este é o texto que entreguei para a fusión de voces en contra do desastre da mina de Corcoesto, fusión que formará un libro, un libro colectivo, un libro máis por unha navallada menos. Cousas de poetas. Bueno. A cousa é de todos. Os poetas son os tipos e tipas insufribles cheos de complexos queSeguir lendo “texto Corcoesto”
notas ao programa da Orquesta de Niños e Orquesta Joven da OSG
O luns 1 de abril a Orquesta Sinfónica de Galicia ofrece un programa interpretado pola Orquesta Joven e a Orquesta de Niños. De seguido, as notas que me solicitaron para o programa de man, en galego [no Palacio da Ópera estará tamén dispoñible, como sempre, a tradución que fixen a castelán]. Todo gran compositor primeiroSeguir lendo “notas ao programa da Orquesta de Niños e Orquesta Joven da OSG”
paleolíticos perdidos
Unha serie de textos-probeta andáronme ás voltas coa fusión pasado remoto-futuro inventado. O primeiro que penduro é / inventar a man/, baseado na imaxe coa que comecei algúns recitais, as mans en negativo da Cova do Castillo [ou do Río Pinturas]: a primeira parte humana plasmada contra a parede de rocha, tamén o primeiro autorretrato e,Seguir lendo “paleolíticos perdidos”