Dalí. Non o lembramos así. Pero como tipo, como condensado humano, era ben guapo. E como escritor, magnífico. Rutilante. A el daríalle moita rabia ser lembrado por esas dúas circunstancias irrefutables que se daban cita na súa persoa. En cantas ocasións tamén seredes lembrados polo que non queredes. Ou nin sequera imaxinades.
Arquivo de categoría:macedonia
sor
Son fetichista, como tantos outros, cos principios e finais dos libros. O do medio é circunstancia, dixestión, proceso, trama. Pura ximnasia. Pero o principio e o final son como a cara e os pes dunha persoa: definitivos. Dun libro que collo ao azar sempre leo a primera frase. Non sempre a derradeira. Encantaríame entrar eSeguir lendo “sor”
dispositivamente
Poden apaixonarme, trastornarme obsesivo-compulsivamente ata neuromutarme os conceptos e valores do literario, do abismo literario, da literatura, da escrita e a lectura como fenómenos do máis friki da existencia humana. Sen embargo, en xeral, desprezo os conceptos e valores de certa modalidade de vida social literaria, do do ut des, das peaxes precisas para queSeguir lendo “dispositivamente”
werewolfies
Todo home ou muller occidental considerado culto [e cool] a principios do século XXI parece estar na obriga de ser non só lector, senón tamén escritor. Barra a. Isto non pode acabar ben.
confesionalismo
Abrirse as tripas perante o público pode ser un exercicio catártico. Artístico. Pero, por si só, non garante fondura. A calidade das tripas tamén importa. Hai tripas. E tripas.
o sol recende a todo volume
Pasei uns días enlamada na nobre arte da sinestesia, cun artigo por encargo sobre O soño dunha noite de verán, a de Shakes e a de Mendels [con posmoderna confianza], e por iso e porque é primavera e á xente que te cruzas pola rúa vela como se fose a primeira vez que a vesSeguir lendo “o sol recende a todo volume”
non coman carne
Non namoren en vacacións.
merodeo o xa famoso Libro do Voyeur
Durante boa parte do ano 2008 e case todo o 2009 estableceuse un curioso costume cibernético nos blogs literarios españois e ultramariños: facer referencia a un libro multiorgásmico e cóncavo e cónclave e pechadura e apertura, un libro colectivo impulsado por un pintor e ilustrador coruñés que xiraba arredor dos ollos das pechaduras. Ou máisSeguir lendo “merodeo o xa famoso Libro do Voyeur”
precaución: bandas sonoras a ambos lados do seu cranio
Paso días escoitando a dous grupos que, salvando as distancias, esas que dentro dun tempo difuminaranse [en moito menos de 100 anos], salvando as distancias, digo, aseméllanse. Uns son xeniais, abisais, vertebrais, über alles, coñecidos malia non faceren unha música moi comercial. http://www.youtube.com/watch?v=F2ztWvuyXeU As guitarras ambientais de Paranoid Android, Pyramid Song, Reckoner, Exit Music forSeguir lendo “precaución: bandas sonoras a ambos lados do seu cranio”
si
D., unha das túas bisavoas maternas, si falaba galego. O teu bisavó: descoñecido. Os outros bisavós supós que tamén o falarían. Pero iso non é un si. Dos catro bisavós paternos: ningún falaba galego. Dos teus avós, dous falaban galego e deixaron de falalo. Os outros dous, os paternos, non podían coñecelo nin falalo. NingúnSeguir lendo “si”