conversas que levou o nordés

-abúrrome -de que? -de que que? – que de que te aburres, irmán -abúrrome do aburrimento -demasiado tautolóxico -abúrrome de ser un de tantos -demasiado esperábel -abúrrome de darlle voltas sempre ás mesmas cousas -demasiado posmodernuki -abúrrome destas vistas que quitan o alento -demasiado indolente -abúrrome de non ser un cabaleiro andante e ti oSeguir lendo “conversas que levou o nordés”

mil monos marchan

Igor Lugrís, un señor que se dedica no seu lecer a poñerlle constricións aos que se chaman poetas, desafía ao universo dende o seu blog. Primeiro foi o do cadáver exquisito. Unha morea de versos chuzados dende todos os recantos do globo, dior me perdoe o sutil paradoxo desta frase. Non contento coa proeza, agoraSeguir lendo “mil monos marchan”

ola… is there anybody out there?

Ola. Este é un saúdo para os que estean no Centro On nestes momentos lendo isto, aí, na cómoda escuridade, caladiños… Isto está escrito no pasado, co cal presupoño que estes momentos precisos son o futuro, e de aí que eu estea como é normal e esperábel, emocionada por estar escribindo neste meu pasado, oSeguir lendo “ola… is there anybody out there?”

o home imposíbel

Cafeteira para masoquistas. Porque habelos, hailos. Houbo unha vez un home que pensou cousas imposíbeis. Non soles saíndo polo oeste. Non neve ascendendo cara o ceo. Non varóns dando a luz. Non bestas compasivas das súas presas. Non xustiza social. Cousas que se nos poden vir aos miolos cando invocamos cousas imposíbeis. El matinou máisSeguir lendo “o home imposíbel”

retrato de Ainara

Pablo Gallo [razón aquí] mata as horas ensamblando micrometraxes apátridas namentres o sol transmuta hidróxeno en helio como un condenado e os planetas seguen órbitas aburridas, keplerianas, estoicas. Este é o Retrato de Ainara, unha moza riquiña e con aire de flor xaponesa á que lle acae como anel ao dedo a voz de lixiviaSeguir lendo “retrato de Ainara”

oz dentro de oz inside oz во внутрь oz dedans oz

Do macro ao micro. Semella que os humanos xa podemos movernos do macro ao micro coa soltura dun zoom. Do colapso dunha estrela aos desvaríos dun neutrino. Dunha multinacional en 3 continentes a unha tenda de comestibles chamada Fina. Dos asoballadores aos asoballados. Imos do colosal ao insignificante pasando polo humano. O mecanismo do zoomSeguir lendo “oz dentro de oz inside oz во внутрь oz dedans oz”

zoommm

Dende o 27 de decembro pódese descargar. Aquí. Grazas a Elba Fernández, Pequena Suricata, pola decisiva foto da portada. Grazas a Noel. Non Papa, exactamente. Pero a [i]alma dunha extraordinaria plataforma de música [e outras herbas] en rede O resto de agradecementos e dedicatorias xa van dentro do libro. Que non consta unicamente de agradecementosSeguir lendo “zoommm”

maniotas na córnea

Grazas aos fallos mecánicos do noso ollo, ás súas peculiaridades anatómicas e ao noso cerebro soñador, deductor, inductor, investigador privado pola súa conta… o mundo tórnase un chisco máis habitábel dentro dunha ilusión óptica. Sempre me gustou a palabra trampantojo, por fea, caprichosa e ilusionista [a palabra. Ou eu?] Nesta imaxe combínase con ese grandeSeguir lendo “maniotas na córnea”

judit

Imaxes: Judit decapitando a Holofernes, Artemisia Gentileschi; O regreso de Judit, Boticcelli Por ese concurso Gran Hermano, decadente, musculado e saturado, endexamais pasara unha concursante tan preciosa e independente como Judit. Había moito que non vía Gran Hermano. Pero coñezo a Judit. Alégrame moitísimo que gañase, que gañase toda esa pasta e a toda esaSeguir lendo “judit”