Recital de poemas e música de «…as neuronas irmás…», XV premio de poesía Afundación-Pen Galicia, acompañada ao piano por Isabel G. Alonso, que interpreta a Satie, Einaudi, Debussy, David Bowie, Antony and the Johnsons e Bach. Entrega de premios celebrada o 9 de maio de 2018 na Sede de Afundación da Coruña.
Arquivo de categoría:música
Notas á OSG: Chaikovski e Prokofiev
Notas de programa que escribín para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia celebrado os días 9 e 10 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña baixo a batuta de Andrew Litton. Aquí podes ler a reseña deste concerto escrita por Julio Andrade Malde para La Opinión E aquí podes disfrutar de todas asSeguir lendo “Notas á OSG: Chaikovski e Prokofiev”
Notas á OSG: mentes revolucionarias, mentes de muller na sombra
O Abono 10 desta temporada na Orquestra Sinfónica de Galicia incluíu a tres grandes enigmáticos: Robert Schumann, Béla Bartók e Arnold Schoenberg. Cun complexo historial psiquiátrico o primeiro [así como un dos seus fillos], catalogado como ‘Asperger’ o segundo [cando menos, na última biografía de David Cooper] e absolutamente rompedor e vilipendiado o terceiro. MentesSeguir lendo “Notas á OSG: mentes revolucionarias, mentes de muller na sombra”
Notas á Sinfónica: cartas inventadas e Fibonacci. Haydn, Chaikovski, Bartók
Tiña que escribir sobre a Sorpresa de Haydn, a súa sinfonía 94 no ciclo de Londres, e había tempo que eu tamén pensaba nunha sorpresa. Quen escribimos Notas ao Programa adoitamos falar de homes o 99% das veces. Lóxico, apenas se programan mulleres compositoras -malia existiren-. No entanto, cando me documento sobre as vidas desesSeguir lendo “Notas á Sinfónica: cartas inventadas e Fibonacci. Haydn, Chaikovski, Bartók”
5 compositores para un Museo
Cinco compositores escolleron cinco lenzos do fondo permanente do Museo de Belas Artes da Coruña. Con esas obras en mente e unha letra tomada dun poema elixido tamén por eles, artellaron unha partitura para guitarra, cello, violín e mezzosoprano. O resultado deste experimento estreouse o domingo, 7 de maio, a mediodía no auditorio do propioSeguir lendo “5 compositores para un Museo”
Notas á OSG: Haydn, Bruckner e o éxito
Os pasados 28 e 29 de abril, a Orquestra Sinfónica de Galicia interpretou pezas de Haydn e Bruckner. Lendo sobre eles, as súas vicisitudes vitais, e sobre o que significan e como se combinan éxito e sorte, artellei estas Notas ao Programa: Abono 20: Haydn e Bruckner (Podes ler todas as Notas ao Programa daSeguir lendo “Notas á OSG: Haydn, Bruckner e o éxito”
Notas á OSG: infancia, troula e requiem
Podes ler todas as Notas ao Programa da Orquestra Sinfónica de Galicia que asinei nestas últimas 7 temporadas, en galego e castelán, nesta esta páxina. ABONO 15: MAURICE RAVEL, JUAN DURÁN, GABRIEL FAURÉ. Concertos do 17 e 18 de marzo de 2017 A nosa orquestra ten 25 anos. Moza garrida. Convídanos a irmos «de troula»,Seguir lendo “Notas á OSG: infancia, troula e requiem”
Notas ao programa da OSG. A paixón polo descoñecido
Fermoso e arrepiante escribir sobre o que case non se coñece. Meter as mans nesa escuridade, ir ás apalpadas. Unha incerteza que desacouga pero instíganos a seguir adiante. Pasei as últimas semanas escribindo unhas notas ao programa algo difíciles. Ben porque había pouca información sobre as obras que se ían interpretar, ben porque eran directamenteSeguir lendo “Notas ao programa da OSG. A paixón polo descoñecido”
Notas ao Programa. En guerra, Beethoven e Prokofiev
Compoñendo coa guerra trala porta. Beethoven e Prokofiev. Deixo as Notas ao Programa que escribín para o concerto da Orquesta Joven da OSG este 9 de xaneiro en Ferrol e onte, día 10, na Coruña. Concerto para piano nº 5 en mi bemol maior (Emperador), op. 73 (1809-1811) e Sinfonía nº 5 en si bemol maior, op.100 (1944). Revitalizantes.Seguir lendo “Notas ao Programa. En guerra, Beethoven e Prokofiev”
Artigo publicado en La Voz- 18/10/2016
Non entres docilmente… nas portas do ceo Lemos por aí —xa non sabe unha onde, tantas son as oportunidades de lectura que nos ofrece o universo enteiro— que, concedendo o Nobel a Dylan, a Academia Sueca quería provocar. Lemos por aí —se cadra nunha web ou no Twitter— que, se pretendía acortar a fendaSeguir lendo “Artigo publicado en La Voz- 18/10/2016”