que pasa con Polonia

Algunha mutación xenética opera sobre as xentes de Polonia [e arredores, xa que a propia Polonia foi un país mutante] e moitas delas caen enfermas de literatura da mellor especie. Stanislaw Lem,  Billy Wilder, Witold Gombrowicz, Zygmunt Bauman, Kapuscinski, Zbigniew Herbert, Stanislaw J. Lec [nacidos estes dous últimos na actual Ucraína], Wislawa Szymborska.Karol Wojtila! NesaSeguir lendo “que pasa con Polonia”

texto de ubre porteña

A finais dos 90 coñecín a Ducid, exercendo [el] de arxentino. No Crápula, bar como era de esperar tan crápula coma lóbrego -e probablemente máis palabras esdrúxulas que non se me ocorren-, este suxeito predicábase na nobre arte do monólogo, monólogos na prehistoria do monólogo. Las novias quieren ir a ver al argentino que habla,Seguir lendo “texto de ubre porteña”

dous conos do Sur

NUNHA ESTACIÓN DE METRO Poema de Óscar Hahn, en Versos Robados, Visor, 1995 Tradución de E…E Desventurados os que albiscaron a unha rapaza no Metro e namoraron de súpeto e seguírona coma tolos e perdérona para sempre entre a multitude Porque eles serán condenados a vagaren sen rumbo polas estacións e a chorar coas canciónsSeguir lendo “dous conos do Sur”

interiorismos do espazo exterior [+ textos dos de+]

El musgo que indica el norte. Ediciones  QVE. Haibooks. É o debut como escritor de Luis Carril. A súa estación total. Porque antes que nada é topógrafo. É como unha consecuencia desa aparatoloxía e xeolocalización constante que este tipo escriba haikus. [podemos darlle a volta á cousa: Porque antes que nada é haijin. É comoSeguir lendo “interiorismos do espazo exterior [+ textos dos de+]”

máis textos dos demais: a hora da Estrella

TRES POEMAS    Estrella Gomes I Recoñézome en tanto descubro a urbe hai unha lectura dela en min ambas gardamos nas entrañas os cadáveres noctámbulos desdebuxamos os nosos límites na noite logo a mañá e as nosas inquebrantables barreiras Non se lle xura fidelidade á cidade en calquera intre un asaña con ela racha as súasSeguir lendo “máis textos dos demais: a hora da Estrella”

máis propiedades alleas de xente que escribe agora [traducidas a galego]

UN CONTO DO QUE NON SEI O TÍTULO PERO SI O AUTOR: ELOY TIZÓN Tradución de Estíbaliz…Espinosa No laboratorio había un feto metido nunha campá de cristal, mergullado en formol, e era incrible aquel feto, a de cousas que contaba. Tiña dedos perfectos e unllas posibles e cara esmagada de feto, contra o cristal, eSeguir lendo “máis propiedades alleas de xente que escribe agora [traducidas a galego]”

algúns textos nucleares de xente que escribe agora mesmo [traducidos a galego]

Tres poemas de María Eloy-García en Cuánto dura cuanto, El Gaviero , 2007 tradución a galego de Estíbaliz…Espinosa A ENCARGADA MURIEL co xesto decidido pos cara de importancia sabes que es un atlas cun mundo feito de equívocos o teu traballo é contentar aos que compran mudar os prezos facerte oferta na punta da pirámideSeguir lendo “algúns textos nucleares de xente que escribe agora mesmo [traducidos a galego]”

relato palindromeiro

Un conto de ciencia- ficción. Dende certa perspectiva, un conto siamés. Pegado polo cú ao seu irmán. O autor, un tal Fredric Brown, coñecido no eido da sci-fi. Trátase dun pequeno xogo, mesmo ata pode semellar insubstancial para os amantes de tochos e xenealoxías. Porén, acada unha recompensa literaria moitas veces acariciada e poucas obtida:Seguir lendo “relato palindromeiro”