un sci-fi texto cada vez menos sci-fi

[ este mesmo poema aquí publicado pode lerse en castelán no libro colectivo Alquimia de la Tierra, da Universidade de Huelva, e no blog abra la cápsula, por favor, clicando sen preguiza aquí mesmo, aquí: clique] Nestes días saíu á prensa esta nova: http://noticias.lainformacion.com/ciencia-y-tecnologia/astronomia/descubren-una-supertierra-potencialmente-habitable-y-relativamente-cerca_Yyr9HJQyeL5zicRclEX9T1/ E, os 6500 millóns, todos a unha, nun mesmo clamor -utopías, aSeguir lendo “un sci-fi texto cada vez menos sci-fi”

tres animacións á tinta

A tinta estase a converter nun material precioso, unha especie de vinilo ou ámbar. Algo que, vaticinan, deixará de usarse e de súpeto cobra formas incribles, unha vez pasada polo debido filtro dixital. Tardará a tinta en desaparecer. Se é que desaparece. Hai anos pendurara aquí este spot de Amnistía Internacional que puña aos alumnosSeguir lendo “tres animacións á tinta”

un pouco de sinestesia na arte dixital

Unha melodía feita por paxaros que non cantan, corvos mudos sobre uns tendidos eléctricos… ou de cómo as analoxías visuais trocan en pezas sonoras cunha pouca imaxinación sinestésica. A sinestesia fai traballar as engrenaxes imaxinarias do mundo: tira das poleas, fainas arrecender. O autor, Jarbas Agnelli, músico de Brasil, conta que viu a foto nunSeguir lendo “un pouco de sinestesia na arte dixital”

outro conto de Grace Paley

O segundo conto de Grace Paley que traio aquí titúlase no orixinal “Wants”. Traducino provisionalmente como “O que se quere”, xa que “Desexos” [“Deseos” na versión castelá de Anagrama, Cuentos completos, 2005] non me convence. Fala de ambicións, de aspiracións, de vontades… sen a sexualizada carga semántica de “desexo”. :: O que se quere ::Seguir lendo “outro conto de Grace Paley”

de Ruth Fainlight

O poema Elm de Sylvia Plath que aparecía no post anterior estaba dedicado a Ruth Fainlight, poeta nacida en Nova York e amiga da bostoniana. Residiu en Europa varios anos [Reino Unido, Francia e España] e é autora dunha obra tentacular que abrangue relato, poesía, tradución e libreto operístico. Cando googleamos a esta muller, deseguidoSeguir lendo “de Ruth Fainlight”

de Sylvia Plath

Tras a primeira lectura no ano 95, deixara a Plath cocéndose a fogo lento no seu Ariel de Hiperión. E xa me sabe mal acabar de escribir “cocéndose a fogo lento”, porque se algo desacouga sempre na literatura son esas rúbricas suicidas -Plath deixoulle o leite aos nenos, meteu a cabeza no forno, abriu oSeguir lendo “de Sylvia Plath”

cymru morriña blues

Axiña estará listo o informe do Gwyl Fardonniaeth Ryngwladol Gogledd Cymru [North Wales International Poetry Festival] no que 9 poetas de Suecia/Alemaña, Grecia, Bélxica, Polonia, Cataluña, Alemaña, China, Galicia e Dinamarca, así como varios do Norte de Gales, reuníronse baixo unha poalla sospeitosamente galega en Bangor, Ty Newydd, Aberystwyth e Y Wyddgrug [Mold] ao longoSeguir lendo “cymru morriña blues”

sucede que as orellas non teñen pálpebras

Temas obsesivos. Capas superpostas, cada unha coa súa melodía. Porcallada acústica, nebulosa noxenta de guitarras. Tamén en literatura nos interesa ese efecto. Alguén do grupo dixo nunha entrevista que este tema, Rano Pano, parecía unha reunión de Teleñecos cantando. O bo dos Mogwai é que alivian a densidade existencial dos seus temas con aparentes intrascendenciasSeguir lendo “sucede que as orellas non teñen pálpebras”