novas conversas con Atlantic City

Quedan poucos días -clausura o 17 de xaneiro-, pero aínda poden descer a pulmón  ata as Novas conversas con Atlante -exposición colectiva de fotografía no Aquarium Finisterrae de A Coruña co gallo do Outono fotográfico– na que tamén conversa co Atlante unha Atlanta: Sandra G. Rey. O motivo da mostra é a re/visión do marSeguir lendo “novas conversas con Atlantic City”

esquece que me esquecerás, que te esquecerán, que nos etcétera

Ninguén pode escribir Esquécete de min e deixalo así, escrito no universo meteórico das cousas escritas. E moito menos pode publicalo. Ninguén pode. Iso é unha desfachatez, unha deshonestidade literaria e debería castigarse, xustamente, coa indiferenza e o esquezo, que é o que en última instancia quen iso escribíu e publicou non pretende. Toda palabraSeguir lendo “esquece que me esquecerás, que te esquecerán, que nos etcétera”

perspectiva

Algún célebre astrofísico comentou nunha ocasión que, cando se lle preguntaba á xente como se sentía ao contemplar as estrelas na noite, adoitaba responder algo como isto: “Sinto ínfimo, pequeno na grandiosidade estelar, unha pulga no firmamento, a humanidade non somos nada e etcétera and so on”. Se a metáfora do universo é [ou foi]Seguir lendo “perspectiva”

xaneira de izaskun

Leo saco de humos, de Izaskun Gracia [poeta que naceu en Bilbao e vive en Madrid, onde leva unha parte do peso da editorial de poesía Masmédula], premio de poesía Villa de Aranda e publicado por TELIRA. Lembro, polo título, de O pouso do fume de Dores Tembrás, aínda que a arquitectura lírica de ambas difiraSeguir lendo “xaneira de izaskun”

descomposición das festas en factores primos

                    Neve sobre cacharelas de San Xoán. Muérdago contra a sida na lapela. Disfraz de camelo real. Baltasar nadando a braza na praia das Catedrais, 30º. Papa Noel de penitente en via crucis, con látego de sete colas. Astenia primaveral en Belén. Olentzero e mailo ApalpadorSeguir lendo “descomposición das festas en factores primos”

presentimos Almanaque

Hoxe. Case no ano que vén. 30 de decembro. Día típico de inventario. En Santiago. De Compostela. Ás 20:00 h. Na Libraría Pedreira. { 42.885713º de lonxitude norte -8.534317º de latitude oeste} … Maite, Branca e mais eu presentamos o Almanaque Poético . 12 poetas para un año editado por El Gaviero. E, naturalmente, podesSeguir lendo “presentimos Almanaque”