o peso da

O PESO DA. Discurso esmoucado Estíbaliz…Espinosa IV Encontro de Novos Escritores, novembro de 2009 IDENTIFÍQUESE, POR FAVOR A literatura ten a ver -como a clonación e o cancro, como a cultura e a reprodutibilidade técnica- co vello clásico da inmortalidade. Co noso mal gusto sentimental que nos obriga, por xenética, a procurarnos a inmortalidade. DesexarlleSeguir lendo “o peso da”

zombies boureando: cerebro!

É posible que vivamos nunha era cerebral. Que o ritmo do corazón sexa traducido a código neuronal. Que as nosas hormonas dicten as túas ideas. Que o único que queiramos reproducir no mundo sexa un vasto circuíto de dendritas. Que tamén a nosa intelixencia  sexa artificial. As cidades acesas na noite como neuronas, o universoSeguir lendo “zombies boureando: cerebro!”

voyeur espontáneo

baseado nun email real A presentación do Voyeur? Emerxer do metro tras horas de aeroporto, avión e túneles e velaí que torsos espidos na herba do Retiro léndose mutuamente a Tolstoi e a Safo [ou talvez a Bernhard e a Preciado], bikinis e panos de scout, voyeurs á sombra, sos cos seus petos, policía voyeurSeguir lendo “voyeur espontáneo”

texto de ubre porteña

A finais dos 90 coñecín a Ducid, exercendo [el] de arxentino. No Crápula, bar como era de esperar tan crápula coma lóbrego -e probablemente máis palabras esdrúxulas que non se me ocorren-, este suxeito predicábase na nobre arte do monólogo, monólogos na prehistoria do monólogo. Las novias quieren ir a ver al argentino que habla,Seguir lendo “texto de ubre porteña”

a non-métrica antártica

Aquí, pensando un intre nos textos e no que quero obter deles. No botín que quero que se obteña deles. Véxome por aí camiñando mal, chamando a berros escordaduras, luxacións sintácticas. A dor de ler iso. O pracer de pensalo. Hai 6 anos escribín unha cousa, un poema que formou parte da antoloxía de poetasSeguir lendo “a non-métrica antártica”

casa de citas XXIII

A masculinidade e a feminidade son como a depresión ou a esquizofrenia, ficcións médicas definidas unicamente de forma retroactiva con respecto á molécula coa que se tratan. A categoría da depresión non existe sen a molécula sintética de serotonina; do mesmo xeito, a masculinidade clínica non existe sen a testosterona sintética. Beatriz Preciado, Testo yonqui,Seguir lendo “casa de citas XXIII”

memoria para enxertos futuros V

Dalí. Non o lembramos así. Pero como tipo, como condensado humano, era ben guapo. E como escritor, magnífico. Rutilante. A el daríalle moita rabia ser lembrado por esas dúas circunstancias irrefutables que se daban cita na súa persoa. En cantas ocasións tamén seredes lembrados polo que non queredes. Ou nin sequera imaxinades.

dous conos do Sur

NUNHA ESTACIÓN DE METRO Poema de Óscar Hahn, en Versos Robados, Visor, 1995 Tradución de E…E Desventurados os que albiscaron a unha rapaza no Metro e namoraron de súpeto e seguírona coma tolos e perdérona para sempre entre a multitude Porque eles serán condenados a vagaren sen rumbo polas estacións e a chorar coas canciónsSeguir lendo “dous conos do Sur”