precaución: bandas sonoras a ambos lados do seu cranio

Paso días escoitando a dous grupos que, salvando as distancias, esas que dentro dun tempo difuminaranse [en moito menos de 100 anos], salvando as distancias, digo, aseméllanse. Uns son xeniais, abisais, vertebrais, über alles, coñecidos malia non faceren unha música moi comercial. http://www.youtube.com/watch?v=F2ztWvuyXeU As guitarras ambientais de Paranoid Android, Pyramid Song, Reckoner, Exit Music forSeguir lendo “precaución: bandas sonoras a ambos lados do seu cranio”

sen nós

Moita da nosa tecnoloxía vai encamiñada a baleirar a terra de nós. Os foguetes, estacións espaciais, as Biosferas 2, esa teima coa auga noutros planetas… Tramamos algo, está claro. Querémola ben, si, á terra, pero non sabemos con exactitude durante canto tempo máis vainos aturar… Querémola moito, pero queremos tamén a outra. Ou quereriamos outra.Seguir lendo “sen nós”

plaquette

[Aviso: este post contén material self-bomb e substancias de marketing moi-même que poden estourar ante o seu nariz e ferir gravemente a súa sensibilidade. Non apto para extrínsecos] Voei hai varias semanas a Alcobendas e alí falei diante dun micrófono e unhas cantas persoas, mimada polos organizadores dun ciclo de recitais poéticos, ciclo que meSeguir lendo “plaquette”

máis textos dos demais: a hora da Estrella

TRES POEMAS    Estrella Gomes I Recoñézome en tanto descubro a urbe hai unha lectura dela en min ambas gardamos nas entrañas os cadáveres noctámbulos desdebuxamos os nosos límites na noite logo a mañá e as nosas inquebrantables barreiras Non se lle xura fidelidade á cidade en calquera intre un asaña con ela racha as súasSeguir lendo “máis textos dos demais: a hora da Estrella”

fumarola

Recensión aparecida na revista Ollo Público en verán de 2009 Fumarola feminina Os lugares de encerro [unha páxina, por exemplo] exercen o seu poder de atracción sobre nós. Todo o que alí dentro acontece mestura podremia e esplendor. Axexo e delirio. Puntiñas de iceberg. Fumarolas oceánicas. Un dos libros que relerei moitas veces na miñaSeguir lendo “fumarola”

máis propiedades alleas de xente que escribe agora [traducidas a galego]

UN CONTO DO QUE NON SEI O TÍTULO PERO SI O AUTOR: ELOY TIZÓN Tradución de Estíbaliz…Espinosa No laboratorio había un feto metido nunha campá de cristal, mergullado en formol, e era incrible aquel feto, a de cousas que contaba. Tiña dedos perfectos e unllas posibles e cara esmagada de feto, contra o cristal, eSeguir lendo “máis propiedades alleas de xente que escribe agora [traducidas a galego]”

páxina a piques de

PÁXINA A PIQUES DE Irrompemos nesta xeometría de cantos obedientes á escritura como feroces relados por unha distancia de séculos. Non é máis ca un nicho de mercado, din algúns. Non é máis ca un esternón de calcio ausente da miña vida, dis ti. Como sobre unha cama revolta vendavalean os nosos suxeitos co teuSeguir lendo “páxina a piques de”