imaxe: patchwork de Emilia, col. persoal O patchwork. En verdade dígovos que a miña nai leva anos facendo patchwork. Paquo, como di ela, con acento de baleeira de Moby Dick. Cose teas que non tiñan nada que ver, teas de argumentos diferentes, de vidas diferentes, de galaxias dispares, agarra un mutilado vestido da miña etapaSeguir lendo “satoris da ducha”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
fira mágica 2008
En Barcelona, en Santa Susanna, fanse cousas como unha Feira da Maxia. Nunha Feira da Maxia, ou Fira Mágica en santasusannés, ademais de mouchos, coruxas, sapos e bruxas, demos, trasnos e diaños ha de haber tarots dos que poidan termar as vellas bruxas entre os calos das mans para amargarlles a vida aos interventores deSeguir lendo “fira mágica 2008”
libro de horas
imaxe: Luz que se procesa no momento non debido. Polaroid. Col. persoal No colexio, as pálidas e reconcentradas eramos as máis firmes candidatas a ser mártires. Na guardería, no derradeiro ano: fico fascinada cunha nena nova que sentara no meu sitio. Cando unha ten catro anos, cada sitio é un sitial. Esa usurpación tan naturalSeguir lendo “libro de horas”
töklandeses
a imaxe é de Ruslanas Baranaukas aka Efendi Avive el seso y despierte… Merco libros para as fillas da miña curmá. Remexer entre portadas de fadas, meigallos, preadolescentes que comezan a intercambiar fluídos, usar compresas e maquillarse. Deterse un pouco nalgúns. Hai tanto tempo, cada vez máis, que non se teñen 13 anos. 9 anos.Seguir lendo “töklandeses”
tragar saliva
imaxe: Rimbaud, by ElyseBlackRose Despois de moitos anos escribiulle. Envioulle cartas, anotacións, fotos, todas esas vísceras dobradas que gardamos baixo o horizonte de probabilidades de volver desvelar. Quería soprar e soprar e ver se a vela se axitaba, ver se a vela ardía. E a vela axitouse. E a vela ardeu. Tragou saliva. Era oSeguir lendo “tragar saliva”
a literatura como casa de citas
imaxe de Kassandra aka Elena Chernenko [ou ao revés] As frases. As citas. Hai e hai. A eito. Xente que mesmo as colecciona. Abusa delas. Vive nunha eterna perversión de citas e todo o acompaña de citas, peixe con citas, whisky con citas, citas con citas. Son unha posesión intelectual de alto calado, equivalente aSeguir lendo “a literatura como casa de citas”
casa de citas IX
Cerebrumosso. Un debuxo de Pablo Gallo Véxome obrigado a falar porque os homes de ciencia negáronse a seguir o meu consello sen saber por que H.P. Lovecraft Nas montañas da loucura
a que occidental posmoderno lle importará isto?
imaxe: Cherry Tree. By NoDate Xuño e novembro. Son os meses que prefiro. É pola inminencia. Inminencia significa ameaza. Xuño e novembro ameazan con fluídos veráns en barcas bamboleantes, con follas tenras que podes arrincar coas mans e con invernos rusos, nos que hibernar escribindo baixo unha manta de calceta. A inminencia é unha cousaSeguir lendo “a que occidental posmoderno lle importará isto?”
pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica VIII]
Pinte un bisonte na caverna, por favor, para os que acaban de chegar ou residen en Macedonia, consistíu nun ciclo no que se deron cita artistas procedentes de eidos diversos que gravitan arredor do audiovisual: vídeo, pintura, fotografía, vídeoclips, vídeoarte, blogs… O último xoves de xaneiro, o 31, a sesión volveu ser dobre e conSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica VIII]”
síndrome sherezade
O recurso á violencia, simbólica ou non, para impór un criterio revela antes que nada unha castrante falta de imaxinación. Co sinxelo que é manipular ás persoas utilizando subterfuxios: cordas, afagos, chantaxes emocionais, historias para non durmir… Do Manifesto Sherezade [tamén coñecido como Manifesto Monicreque] imaxe: Arabian Nights, de Kay Nielsen con intromisión de yinnSeguir lendo “síndrome sherezade”