O 13 de decembro foi a primeira xornada dedicada aos blogs dentro do ciclo. Concorreu pouca xente, pero iso xa vén sendo unha constante. A xente non sabe onde queda o Centro? Será que semella un banco disfrazado [éo]? A xente é parva? María chegou antes ca min e esperoume tomando un café no barSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor III”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
retrato de Ainara
Pablo Gallo [razón aquí] mata as horas ensamblando micrometraxes apátridas namentres o sol transmuta hidróxeno en helio como un condenado e os planetas seguen órbitas aburridas, keplerianas, estoicas. Este é o Retrato de Ainara, unha moza riquiña e con aire de flor xaponesa á que lle acae como anel ao dedo a voz de lixiviaSeguir lendo “retrato de Ainara”
oz dentro de oz inside oz во внутрь oz dedans oz
Do macro ao micro. Semella que os humanos xa podemos movernos do macro ao micro coa soltura dun zoom. Do colapso dunha estrela aos desvaríos dun neutrino. Dunha multinacional en 3 continentes a unha tenda de comestibles chamada Fina. Dos asoballadores aos asoballados. Imos do colosal ao insignificante pasando polo humano. O mecanismo do zoomSeguir lendo “oz dentro de oz inside oz во внутрь oz dedans oz”
lista de cousas que dirá de nós a maldita xente do futuro
Verdadeiramente, son raros os homes que lograron non seren escravos da época que lles tocou vivir. E non digamos as mulleres. Algunha vez seremos examinados por alguén como bacterias no cristal dun microscopio. Ás veces, cando me ducho, cando remoloneo na cama, viaxo a 140 pola autoestrada ou asisto como oínte a unha charla deSeguir lendo “lista de cousas que dirá de nós a maldita xente do futuro”
zoommm
Dende o 27 de decembro pódese descargar. Aquí. Grazas a Elba Fernández, Pequena Suricata, pola decisiva foto da portada. Grazas a Noel. Non Papa, exactamente. Pero a [i]alma dunha extraordinaria plataforma de música [e outras herbas] en rede O resto de agradecementos e dedicatorias xa van dentro do libro. Que non consta unicamente de agradecementosSeguir lendo “zoommm”
unkinds of work
Cubrirás o roteiro A Coruña- Madrid todos os días Furgoneta. Mercancías Ida e volta De luns a venres Saída ás 5 da tarde e chegada ás 9 da mañá Sortearás, por esta orde: 1.- O mandato imperioso de durmir, durmir, durmir… 2.- Os kamikazes ou atolondrados ou estrábicos que atravesan, por exemplo, o porto deSeguir lendo “unkinds of work”
maniotas na córnea
Grazas aos fallos mecánicos do noso ollo, ás súas peculiaridades anatómicas e ao noso cerebro soñador, deductor, inductor, investigador privado pola súa conta… o mundo tórnase un chisco máis habitábel dentro dunha ilusión óptica. Sempre me gustou a palabra trampantojo, por fea, caprichosa e ilusionista [a palabra. Ou eu?] Nesta imaxe combínase con ese grandeSeguir lendo “maniotas na córnea”
judit
Imaxes: Judit decapitando a Holofernes, Artemisia Gentileschi; O regreso de Judit, Boticcelli Por ese concurso Gran Hermano, decadente, musculado e saturado, endexamais pasara unha concursante tan preciosa e independente como Judit. Había moito que non vía Gran Hermano. Pero coñezo a Judit. Alégrame moitísimo que gañase, que gañase toda esa pasta e a toda esaSeguir lendo “judit”
velvet ñam
Ilustración: As moi Ricas Horas do Duque de Berry. Xaneiro. Irmáns Limbourg [1411-1416] Comemos para rematar, comemos para comezar. Comemos con luxuria, con preguiza, con soberbia, con envexa, con avaricia, con ira. Comémonos os uns aos outros. Eructamos cun pracer case insidioso, como se pesase. E pesa. Dende logo que pesa. Só hai dúas evaescenciasSeguir lendo “velvet ñam”
pinte un bisonte na caverna, por favor II
No pasado 29 de novembro, a 2ª sesión do ciclo tróuxonos ante as pupilas os xogos e paradoxos fotográficos de Olga Osorio. Olga. Ingredientes: cámara de fotos, biberón, CD de audio e imaxe, colar longo, perfil exótico. Olga. Funcións: fotógrafa, nai e profesora de narrativa audiovisual da Facultade de Comunicación Audiovisual da Coruña, profe taménSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor II”