A través da porta estelar

O venres 26 e o sábado 27 de febreiro, o Pazo da Ópera da Coruña acolleu música interestelar. Ligeti e Strauss. Eis a notas que escribira para as 3 pezas deste programa de abono da Orquestra Sinfónica de Galicia. Podes lelas en castelán aquí. O resto de artigos creados expresamente para programas musicais da OSG dendeSeguir lendo “A través da porta estelar”

toda esa enerxía escura

Nunca viu a luz en papel, este poema naceu para ser a base dunha canción do grupo Fanny+Alexander en 2008, no seu disco Alfaias, no que colaboraron moitos creadoras de contidos do noso país. Para aquela enerxía escura que lles mandara, o dúo compostelán compuxo un tema moi acaído á letra do poema -que non o puña fácil,Seguir lendo “toda esa enerxía escura”

radiación ionizante

Radiación ionizante Agardamos polx poeta. Aos tombos, entran un par de pés que corren sen pensar. Pode que de primeiros, si, pero pouco certeiros. Chega unha boca enxoita ensalivándose a si mesma: «Di que son a mellor poeta viva». Convidámola a 80 talladas de sandía: así, caladiña. Aos poucos, unha man solta a manipular xornalistas eSeguir lendo “radiación ionizante”

música na ecuación da turbulencia

O pasado mes de decembro celebrouse o concorrido concerto de Nadal de Gas Natural Fenosa, coa OSG interpretando un programa máis clásico imposible: Mozart, Wagner e Strauss. Con todas as súas turbulencias saíndoselles da ecuación. De seguido penduro as notas que escribín para a ocasión. Notas que, debo dicir, terían sido máis redondas se meSeguir lendo “música na ecuación da turbulencia”

cera para o hexágono

  No 2015 saía zumbando á luz un ensaio hexagonal sobre experiencias e didácticas de poesía nas aulas. A iniciativa partiu das laboriosas editoras da colmea de Apiario e fomos 6 as persoas convocadas a dar o noso enfoque, inaugurándose cun limiar de Agustín Fernández Paz: Yolanda Castaño, Carlos Negro, Celso Fernández Sanmartín, Dores Tembrás, Antía OteroSeguir lendo “cera para o hexágono”

mulleres e ciencia en 13 relatos

Foi un dos grandes praceres do meu 2015: elaborar os guions de 13 micro-episodios sobre investigadoras no eido da biomedicina que logo narraría en Radio Voz acompañada do meu fillo, nos meses de marzo e abril. Un privilexio dentro do proxecto Biomedicina con y para la sociedad, da investigadora e divulgadora de arte e ciencia Joana Magalhães, levadoSeguir lendo “mulleres e ciencia en 13 relatos”

poema con ghatos

:: animalia felis catus :: aínda que non queira, para H. Non sei que tal lle iría á beleza sen vós. Dende logo á física cuántica mal. [Filo: Chordata] No reino animal, a vosa autoestima é envexable: credes Genghis Khan por aí a marcar territorios e o noso corazón con pelos. [Subfilo: Vertebrata] De abrírense algunhaSeguir lendo “poema con ghatos”

dez anos en órbita

Este ano 2015 esta web cumpríu 10 anos. Grazas a todos e a todas as que lestes, curioseastes, comentastes, doastes,  trolleastes e mmmm por ela ao longo desta década. Case 130.000 visitas e máis de 10.000 lectoras e lectores [iso di wordpress, igual unha plataforma optimista]. Grazas a todxs xs que confiades tamén na pantallaSeguir lendo “dez anos en órbita”

microrrelato en tren

:: 23 cromosomas de cercanías :: Durante os dous anos de tratamento, o tren foi o nervio central que te conectaba ao laboratorio onde hibernaban os embrións. Un rexional pola mañá, varias veces ao mes, rumbo ao ecógrafo onde se observaban -ou non – os ovocitos, drogados no seu reino de hormonas, e decidíase aSeguir lendo “microrrelato en tren”