monogamias sucesivas en andeis de ikea

Os excesos metaliterarios, antes de dar o chimpo a outra era literaria máis ascética e pseudoanalfabeta -todo isto son conxecturas miñas- paren poemas coma este, hibridando o noso estar-no-mundo co noso manter-unha-biblioteca e, sobre todo, o noso relacionarnos cos demais a través de libros. /monogamias sucesivas en andeis de ikea/ Que ben quedarían os meusSeguir lendo “monogamias sucesivas en andeis de ikea”

máis sangue, por favor

Outro dos posibles textos para a antoloxía do sangue, compilada por Luna Miguel [Sangrantes]: /período. inesperada forma de pera/ Podo aínda falar da épica de min cunha pinga de sangue a fumegar no chan do baño? Podemos? Que saibades logo que no século XVIII saímos a cortar maionesas por aí Lembro un xoves do anoSeguir lendo “máis sangue, por favor”

biblioclastia

::  biblioclasm :: Como sabedes se lestes, durante as seiscentas páxinas anteriores a choiva non deixou de chover. Pero nesta, ao fin, ábrese un claro. Unha humana arrástrase a secarse, aproveitando un baleiro na folla. Escorrégase. Acende un lume minúsculo ao pé, para se quecer un pouco. Foi que fuxiu por un pelo. Mira aoSeguir lendo “biblioclastia”

notas ao programa de Carlos Núñez coa OSG

Nun par de horas comezará un concerto planeado, disque, dende hai 15 anos: Carlos Núñez coa Orquesta Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez. Para os que non asistan pero lles pique a curiosidade do que alí se vai argallar, a seguir as Notas ao Programa que escribín para o encontro: CARLOSSeguir lendo “notas ao programa de Carlos Núñez coa OSG”

aleito

Retomo un vello texto dos tempos do leite, ano 2007,  [aquí] e publícoo de novo logo de varialo un pouco. / aleito / I Aléitote no alto, meu neno/ e somos/ un átomo de leite que non existe/ unha formación impura de cristal de leite/ leite dende as Médulas do mundo /cara a succión suave do misterioSeguir lendo “aleito”

por se algo che quitase o sono

/ de catro a seis / as insomnes todas quedamos á hora mesma no lugar de sempre aló canda o cruceiro e unha estrela xigante que disque leva durmida un millón de anos bendita ela e ai do día que se esperte insomnes que fan país no tempo do despaís aí vou feita unha delasSeguir lendo “por se algo che quitase o sono”

no concerto da violinista descalza

O pasado mes de xaneiro escribín as notas ao programa da Orquestra Sinfónica de Galicia, unha escolma dalgunhas das visións occidentais do Oriente mítico máis unha excursión ao harén imaxinado polo compositor turco Fazil Say. A violinista, Patricia Kopatchinskaja, de vermello e descalza,  deixounos peiteados na butaca. O resto de pezas “arabescas” do programa eran obraSeguir lendo “no concerto da violinista descalza”

cantos de Auvernia {2}

Continuación  das notas ao programa de man da Orquesta Sinfónica de Galicia, OSG, 4 marzo de 2011. Notas e tradución ao galego dos textos en occitano de E.E. 3.- LOU BOUSSU Ademais de para o amor e os traballos artesáns, nestas rimas non deixa de haber oco para o escarnio. Lou Boussu trata dun diálogoSeguir lendo “cantos de Auvernia {2}”

cantos de Auvernia {1}

Fragmentos das notas ao programa de man da Orquesta Sinfónica de Galicia, OSG, 4 marzo de 2011. Notas e tradución ao galego dos textos en occitano de E.E. 4 CHANTS D’AUVERGNE MARIE-JOSEPH CANTELOUBE (1879-1957)  Para Canteloube unha canción tradicional transcrita é coma unha flor seca. Os seus arranxos e orquestacións trataron de se converter no alentoSeguir lendo “cantos de Auvernia {1}”