Recibo este agasallo: a imaxe dun lugar que xa non existe. La Poesía. Nunha das pintadas da fachada aparece o prefixo teléfonico da cidade seguido dunha sinatura hip-ilexible-hop. Fíxome nas pintadas que incluén cousas así. Números. Prefixos. Coordenadas polares. A tenrura de algo local, teñen.
Arquivo de categoría:macedonia
momentos estelares da inhumanidade
As cámaras andan por todas partes salvo por onde deberían. En non poucas ocasións botamos de menos unha ou varias, desde ángulos distintos. Terías que verte, dicimos. Non me digas que non o gravaches, imprecámoslle a alguén con cara de complemento circunstancial de cuxo pescozo pende unha cámara ben metida no seu estoxo, mentres comeSeguir lendo “momentos estelares da inhumanidade”
anatema de Grey
Coa súa fasquía de charlatán vendedor de crecepelo, unha especie de Matusalén stylish e un impecable e pouco alegable discurso de erudito de Cambridge, o xerontólogo e biomédico da Bretaña Grande [UK] Aubrey de Grey – con nome de cabaleiro do Santo Grial, por se fose pouco- dános a desconcertante nova de que nos éSeguir lendo “anatema de Grey”
as barbas a remollo
http://www.elpais.com/articulo/espana/Audiencia/Nacional/interviene/ayuntamientos/Coruna/elpepuesp/20110131elpepunac_6/Tes Creo nas hecatombes. Creo na fin deste Nouvel Ancien Régime. Creo na corrosión total da política a base de lixivia. Raro é cando coñezo a un político e non me visualizo dándolle a man a un señor [ou señora] feudal. [E non temos idea de moitas cousas. Non temos idea de, por exemplo, aSeguir lendo “as barbas a remollo”
soño anotado
Volvín soñar con el: co tsunami que arrasa a miña cidade, ao norte do sur do hemisferio norte. Baixaba eu a Riazor logo de quedar con alguén. Todo o barrio do paseo devira unha praia, azoutada por ondas xigantescas; ficaba apenas nada en pe, nin edificios, nin prazas, nin estadio de fútbol, nin cafés ninSeguir lendo “soño anotado”
em-brión
Esta tarde colaborarei con U-la! Radio, unha radio en vivo [si, radio en vivo] artellada e argallada e gargallada por Ducid [si, o arxentino que fala] e coa compaña de membros radiofónicos de luxo hertziano como Branda [si, o ilustrador que pinta en vivo aos vivos], Pulpiño Viascón [si, o que se di descendente doSeguir lendo “em-brión”
canto nascimento
Comigo vai un amuleto dende moi cativa, baixo un lunar que se me avulta no pescozo.
curiosidade
Comparto plató con dous escritores. Un deles, narrador e poeta, presenta o programa; a outra, poeta, vai coma min de convidada. Non entendo moi ben por qué acudimos dúas cando os convidados masculinos ao programa adoitan selo en singular. É dicir, un e basta. Daquela famosa ecuación Vale máis un home ca sete mulleres, oSeguir lendo “curiosidade”
esquece que me esquecerás, que te esquecerán, que nos etcétera
Ninguén pode escribir Esquécete de min e deixalo así, escrito no universo meteórico das cousas escritas. E moito menos pode publicalo. Ninguén pode. Iso é unha desfachatez, unha deshonestidade literaria e debería castigarse, xustamente, coa indiferenza e o esquezo, que é o que en última instancia quen iso escribíu e publicou non pretende. Toda palabraSeguir lendo “esquece que me esquecerás, que te esquecerán, que nos etcétera”
perspectiva
Algún célebre astrofísico comentou nunha ocasión que, cando se lle preguntaba á xente como se sentía ao contemplar as estrelas na noite, adoitaba responder algo como isto: “Sinto ínfimo, pequeno na grandiosidade estelar, unha pulga no firmamento, a humanidade non somos nada e etcétera and so on”. Se a metáfora do universo é [ou foi]Seguir lendo “perspectiva”