Pedíronme un texto sobre o e-book e a literatura na rede. Entreguei Os incestos da tinta. Publicouse na revista Tempos Novos no mes de abril de 2009. Nese artigo examino, sobre todo, a diverxencia sensorial entre un libro electrónico [e-book, libroé, chamémoslle] e un libro confeccionado en papel. Trátase, se cadra, da reflexión máis inmediata:Seguir lendo “libroés”
Arquivo de categoría:macedonia
servos de eolo na revolución do vento
Todos o sabemos. Todos os vemos. Todos sacámoslles fotos ou gravámolos cunha cámara dende un coche. Todos opinamos sobre eles. Algúns louvamos o seu aire de cyborgs taciturnos. Algúns criticamos a súa saturación na liña do horizonte. Algúns sentímonos intimidados pola súa obediencia. Algúns aliviamos cando un deles semella de folga de aspas quietiñas. TodosSeguir lendo “servos de eolo na revolución do vento”
k. neves
Xa na primeira vez que baixei ao Condado coñecín a Kiko Neves. Un día, tempo despois, mandoume os seus centoonce por mail, antes de se publicaren. Poucas veces vin a alguén recitar con tanto carisma, ou mellor rotundidade, como el o fai. Lembreino este ano, cando escoitei a Roger Wolfe en Córdoba. Merquei Un baileSeguir lendo “k. neves”
criaturas máis abisais
Na vizosa escuridade hai seres que non deixan de medrar. Eses son os admirables.
as tardes de verán ás tardes de verán son iguais
Mogwai, Close encounters Mogwai, Take me somewhere nice
criaturas abisais
Para todos os que tampouco pasedes pola Feira do Libro. Unha sinatura dixital. [non, non asino na Feira do Libro do mundo real]
os oramas
Definimos o Orama como un fondo de óntica, xeomancia e ornamento que encerra e contén a anécdota dunha escena. Un fondo concreto, visual, material, pecha por detrás o escenario coma un muro significante. Na pintura, no cine, na fotografía e na escena, o Orama é ese fondo ao cal, ás veces, destínaselle un contido ouSeguir lendo “os oramas”
harpos
Un instrumento que talvez prefiro. Escoito a esta declarada elfa un chisco Rapunzel + Linda Blair. Acóugame.
como capturar lóstregos
Nun documental, un home que leva 30 anos perseguindo lóstregos Capturábaos cunha vella Minolta. 30 anos. Poderían ser máis de 15000. Non lembro a cifra das súas instantáneas, como tampouco lembro a dos millóns de galaxias posibles. 30 anos. Nerviosamente, contábao a cámara. Tanto alampo metido entre mans e vértebras, tantas noites sen durmir consultandoSeguir lendo “como capturar lóstregos”
sonsonetos
Falaba cun amigo [co amigo] das galas de verán, as mesas redondas, simposios, symposia, relatorios e todo o – en palabras súas- roce de anteniñas que supoñen. Tamén do feito de que as mesas de redondas teñan pouco. Cadaquen chega e – nun conmovedor comosemprismo– bota o seu rollo dun xeito frontal, en mesa oblongaSeguir lendo “sonsonetos”