Arquivo de categoría:macedonia
suspense
Pablo Gallo. Xa falei del algunhas veces aquí. El é o autor desta micrometraxe baseada nun texto de Zoommm. Textos biónicos, o titulado suspense. O texto naceu no ano 2002 e ten unha morte prevista para o 3200, aprox. Ata entón poderá ser lido en forma de texto ou sub specie visionaris [corríxeme que meSeguir lendo “suspense”
spoken image, regueifa imaxinaria, words from other world, espoquen uerds, spoken words, fá[bul]as contadas…
Hai unhas semanas convidáronme a dar o meu primeiro recital vía dixital. Foi no LILEC 09, a Feira do Libro e a Lectura de Almería. O ano pasado estivera presente fisicamente, de corpo e alma, e este ano acudín virtualmente. Só coa alma. O recital tiña lugar no pub El Zaguán, mais o único queSeguir lendo “spoken image, regueifa imaxinaria, words from other world, espoquen uerds, spoken words, fá[bul]as contadas…”
Dis-tintas. Distantes
Toda ficción é unha distancia con lampexos de proximidade. O autor real adoito atópase entre os personaxes, camuflado nunha 3ª persoa que semella redimilo falsamente da subxectividade, ese animaliño palpitante, ese lémur, a subxectividade. Coetzee, Rosalía, Nabokov, Woolf, Pessoa, Lispector, Calvino, Rulfo, Nothomb. Podo seguir nomeando miles, millóns [quen non escribe?]. Todos utilizaron ou utilizaránSeguir lendo “Dis-tintas. Distantes”
postmoderno soa a postmortem
Nada tan clásico como un bo postmoderno.
xemoloxía: arte de
As Alfaias, de Fanny+Alexander. Soaron no meu ordenador primeiro, nun CD despois e hai unhas semanas, dende o fustrigante [cando actualizo este post, xa fustrigado] Aberto por Reformas do Xurxo Souto, escoitei este temaso a todo volume regresando pola autoestrada. Alfaias por alfaiates, como se definen os integrantes do grupo nunha entrevista: cosen con minuciosidadeSeguir lendo “xemoloxía: arte de”
leit-motiv ou momento-funil
Momentos-funil son aqueles nos que, fagas o que fagas, semella existir unha turbia forza gravitatoria que che conduce cara ao mesmo punto do espazo, que ben pode tratarse dun concepto. Esta fin de semana todo conducíume cara ao mesmo lugar. Esta fin de semana foi un momento-funil. Primeiro presentóuseme a etimoloxía da palabra: o venres,Seguir lendo “leit-motiv ou momento-funil”
non deixa de resultarme curioso que
Curioso que a poesía sexa unha puta denostada, unha pesada que ninguén quere, facilona, aborrecida, sempreigual, sempreviva, sempremorta, clasicota, infumable, impresentable, obxecto do mecenado de catro guillados. Isto é así para moitos novelistas, editores, protésicos dentais e mesmo poetas. A poesía ten que ser outra cousa, debe selo: debe transmutar. Imperativamente. En publicidade, en videopoesía,Seguir lendo “non deixa de resultarme curioso que”
egua da noite
Pesadelo de hai unhas cantas noites: estás na túa cidade, nunha rúa da túa cidade, sen embargo ese espazo urbano aparentemente normal é un avión que cae en picado e que en poucas horas acabará por se estrelar. Durante esas horas integras un grupiño de suicidas que, de casa en casa, procuran a alguén queSeguir lendo “egua da noite”
pensamentos silenciosos no mar do Norte
Coñecín a Bei Dao, unha illa silenciosa no mar do Norte. Sentou nunha mesa con 7 ou 8 persoas máis. Unha mesa pequena, diante dun público. Eu era público. Na mesa foron falando todos -todos- durante máis dunha hora ata chegar a el. El era o elemento máis exótico da mesa, o convidado especial. SenSeguir lendo “pensamentos silenciosos no mar do Norte”