Unha fiestra ábrese Unha, dúas. Pasan a ser incontábeis Unha muller e unha nena corren atravesando a rúa A parada de taxis baléirase Unha fiestra péchase Séntese o chío das trandeiras do patio Un home fica no cornecho, en postura oferente As gaivotas renxen máis do que nelas é admisíbel Nas redaccións dos xornais agardanSeguir lendo “enigma”
Arquivo de categoría:macedonia
peixes de prata que caen na rede
Dentro do labirinto atopamos moitas cousas: atopamos wikipedia, atopamos a David Bowie, atopamos a Sir Laurence Olivier, atopamos moitos blogs, moitos peixes mortos que nadan panza arriba, moitas páxinas porno e moitas fotografías. Millóns. Vía bisuria is pink coñezo a Loretta Lux. Busco na súa galería, con esa avidez que só encontramos nos enfermos candoSeguir lendo “peixes de prata que caen na rede”
as tripas dun conto
fotografía de Robert&Shana Parkeharrison, The Book of Life Escribe. Escribe con man mortal un coche. Escribe con man mortal un coche sobre unha estrada. Calquera outra man escribiría: un día apracíbel. Ti non. O día é apracíbel, pero non paga a pena rexistralo. Rexistralo todo é de funcionarios. A túa laboura é contraria a esaSeguir lendo “as tripas dun conto”
exaculación precoz
fotografía: Sophie Delaporte A precocidade: cheguei a ela demasiado axiña. Durmía aínda
still life en espazo interior
debuxo de Mizna Wada Unha gaivota acaba de caer do tellado ao patio. É marrón, pequena. Nova. Ela non o sabe, pero ten 8 pisos que remontar. Sentín a caída dende esta habitación. De seguido, os laios. Levantei. Sen correr. Asomei á fiestra da cociña. Era marrón, pequena. Nova. Estaba asustada. Imaxinei o seu corazón.Seguir lendo “still life en espazo interior”
hacia vila verde
ilustración María Pascual, Cuentos de Siempre Preparativos de viaxe. Marchar a un lugar chamado Vila Verde.
abismo mondariz
A vostedes non lles importa que eu o chame así. Acabo de inventalo. O efecto da imaxe que encabeza este post. Recibe outras moitas denominacións. «Abismo Mondariz» non, dende logo. Entre os nomes deste efecto de perspectiva: o máis coñecido é Droste effect [vía microsiervos poden acceder a lúcidos e redundantes exemplos]. Un termo alemán queSeguir lendo “abismo mondariz”
e todo isto vai dedicado a…
deseño Base Amethys de Citron Rouge …a eles Nunca faría un texto sen eles. Terían que amordazarme, logo de terme arrincado a lingua cun coitelo infectado. Terían que abrirme o cerebro polo sitio preciso das palabras onde eles viven coma larvas e, con coidado, aplicar o escalpelo. E seccionar. E mesmo así persistirían lugares dentroSeguir lendo “e todo isto vai dedicado a…”
serendipidade cibernética
Amplío con algúns links de arte+ciencia a entrada “A bacteria dixo oh” de hai algúns días: Cybernetics Serendipity, a primeira exposición que, a fins dos 60, afonda no magnetismo entre a tecnoloxía, as máquinas e o eido artístico. Adiviñen de onde tiraron o título de cybernetics. Exposición Bios 4 na Cartuja de Sevilla, ata oSeguir lendo “serendipidade cibernética”
5 contos dixitais
Esta baixou da árbore Este camiñou ergueito Esta outra roubou o lume mentres non mirabamos Este cazou un cervo I este pícaro gordo comeuno, opoñéndose a todo texto atopado nunha libreta vella facendo limpeza na casa da adolescencia