«podo lanzar raios dende cada recanto do Universo…»

Benquerida Mamá, Debo darche a opinión exacta que teño sobre as miñas propias capacidades e a miña mente, resultado dun máis que certeiro exame de min mesma con vistas aos meus plans futuros durante os vindeiros meses. Coido que posúo unha singular combinación de cualidades ensambladas con precisión para me converter preeminentemente nunha investigadora dasSeguir lendo “«podo lanzar raios dende cada recanto do Universo…»”

say what /furious anger/ again

Non me quito esta macedonia musical da cabeza. É «campechana». Neste país tamén almorzamos chumbo. Como alguén tuiteou algunha vez: o almorzo typical spanish é “café con escándalo”. Limiar de sensibilidade, zona de confort ou afeitos a tanta merda. «SAY/WHAT/AGAIN madafaka. Say. Say. Say. What. Again. A bitch!» [Os únicos que lle deron o merecidoSeguir lendo “say what /furious anger/ again”

un universo de película

Borja Tosar de planeta imaxinario en planeta imaxinario. “A próxima vez que vexades un neno debuxar un planeta estraño, non o miredes con condescendencia porque seguramente haxa un mundo moi parecido a ese…” Fabuleux. Lembrades a sintonía da raiada conceptual de Planeta Imaginario [só para os moi oitenteiros]?: unha versión do Arabesque de Debussy pasadaSeguir lendo “un universo de película”

poguing

«She like singing and also story». Unha alma xémea de case todos nós [a quen non lle gusta singing and and also stories?] vive en Bhutan, non ten moito máis de dez anos e colleuna, mesturouna e servíunola axitada non remexida o fabuloso POGO: Un dos meus favoritos deste chef de refritos rustridos [mashups en tecnicismo] ademaisSeguir lendo “poguing”

papel a punto de

Dende hoxe penduro en pdf para quen queira ver, ler ou descargar papel a punto de, un poemario que se publicou traducido a castelán en 2011 por El Gaviero Ediciones e que nunca se publicara ao completo en galego -si moitos dos seus textos en revistas, blogs ou libros colectivos-. Para a cuberta, o artista ThomasSeguir lendo “papel a punto de”

Notas ao programa da OSG: Escudero-Ravel-Brahms

O venres 15 e o sábado 16 de marzo a OSG ofrece o seu Programa XVI desta temporada e, xa que estamos nun fin de inverno cheo de fumareos, rebullóns e chuvia a fartar, a música escollida atravesa unha climatoloxía variable como a propia primavera que, sospeitamos, se aveciña. Un bailarín alucinóxeno, un tren en marchaSeguir lendo “Notas ao programa da OSG: Escudero-Ravel-Brahms”

as avoas: Rosa Inés

Nun dos libros que deixaches na casa, Chávez nuestro, lin hai anos un poema escrito por Hugo Chávez. O home que parecía que traía tanto ao teu país, o que quería a abuela Borges -e ti mesmo-; o que, segundo o teu pai e tras tanta esperanza, finalmente naufragara nunha das terras máis vizosas daSeguir lendo “as avoas: Rosa Inés”

hibridámonos unha e outra vez

Aos vintetantos eu non lera demasiado sobre os neandertais, pero o pouco que se ía sabendo deles me fascinaba. Dende finais do século XX había cada vez máis fósiles, cada vez máis artigos, cada vez máis libros que desenterraban aos poucos aqueles clans perdidos. Aqueles medio irmáns. Para unha individua que ten o sentimento deSeguir lendo “hibridámonos unha e outra vez”

as preguntas do asombro

As preguntas do asombro teñen algo desa inxenuidade quen de facernos sentir ridículos, do lado dos timados e non dos golfos, lado que, por medo a que se nos tache dos outros, se nos alenta a ocupar. Como se non houbese máis que esas dúas opcións no escenario político. Como as cuestións cándidas que son,Seguir lendo “as preguntas do asombro”