felicidade si, pero clandestina

Traduzo este conto hoxe, un dos meus preferidos. Estará proximamente en galego e castelán. ::Felicidade clandestina:: Ela era gorda, baixa, sardenta e de cabelos excessivamente crespos, meio arruivados. Tinha um busto enorme; enquanto nós todas ainda éramos achatadas. Como se não bastasse, enchia os dois bolsos da blusa, por cima do busto, com balas. MasSeguir lendo “felicidade si, pero clandestina”

sangrantes

Suman 29 as voces que elixiu e editou a escritora e xornalista Luna Miguel para o volume Sangrantes [ed. Origami, 2013], 29 como os días dunha lunación, 29 como os días dos ciclos menstruais dalgunhas mulleres que coñeceredes, aínda que iso non interese [“Non me contes a túa vida, non me contes a túa regra”]. MoiSeguir lendo “sangrantes”

«podo lanzar raios dende cada recanto do Universo…»

Benquerida Mamá, Debo darche a opinión exacta que teño sobre as miñas propias capacidades e a miña mente, resultado dun máis que certeiro exame de min mesma con vistas aos meus plans futuros durante os vindeiros meses. Coido que posúo unha singular combinación de cualidades ensambladas con precisión para me converter preeminentemente nunha investigadora dasSeguir lendo “«podo lanzar raios dende cada recanto do Universo…»”

say what /furious anger/ again

Non me quito esta macedonia musical da cabeza. É «campechana». Neste país tamén almorzamos chumbo. Como alguén tuiteou algunha vez: o almorzo typical spanish é “café con escándalo”. Limiar de sensibilidade, zona de confort ou afeitos a tanta merda. «SAY/WHAT/AGAIN madafaka. Say. Say. Say. What. Again. A bitch!» [Os únicos que lle deron o merecidoSeguir lendo “say what /furious anger/ again”

notas ao programa da Orquesta de Niños e Orquesta Joven da OSG

O luns 1 de abril a Orquesta Sinfónica de Galicia ofrece un programa interpretado pola Orquesta Joven e a Orquesta de Niños. De seguido, as notas que me solicitaron para o programa de man, en galego [no Palacio da Ópera estará tamén dispoñible, como sempre,  a tradución que fixen a castelán]. Todo gran compositor primeiroSeguir lendo “notas ao programa da Orquesta de Niños e Orquesta Joven da OSG”

un universo de película

Borja Tosar de planeta imaxinario en planeta imaxinario. “A próxima vez que vexades un neno debuxar un planeta estraño, non o miredes con condescendencia porque seguramente haxa un mundo moi parecido a ese…” Fabuleux. Lembrades a sintonía da raiada conceptual de Planeta Imaginario [só para os moi oitenteiros]?: unha versión do Arabesque de Debussy pasadaSeguir lendo “un universo de película”

paleolíticos perdidos

Unha serie de textos-probeta andáronme ás voltas coa fusión pasado remoto-futuro inventado. O primeiro que penduro é / inventar a man/, baseado na imaxe coa que comecei algúns recitais, as mans en negativo da Cova do Castillo [ou do Río Pinturas]: a primeira parte humana plasmada contra a parede de rocha, tamén o primeiro autorretrato e,Seguir lendo “paleolíticos perdidos”

poguing

«She like singing and also story». Unha alma xémea de case todos nós [a quen non lle gusta singing and and also stories?] vive en Bhutan, non ten moito máis de dez anos e colleuna, mesturouna e servíunola axitada non remexida o fabuloso POGO: Un dos meus favoritos deste chef de refritos rustridos [mashups en tecnicismo] ademaisSeguir lendo “poguing”