Para un vindeiro libro colectivo de poemas fun convidada a pensar co sangue. Unha das partes posibles desa analítica final podería ser esta: / 5 harakiris vasculares / nubes que corren Sentir unha punzada no ovario esquerdo enigma ao aire: tres pingas rubias na neve sen rastros nadando os nosos capilares irmandan con rastas deSeguir lendo “pensar co sangue”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
biblioclastia
:: biblioclasm :: Como sabedes se lestes, durante as seiscentas páxinas anteriores a choiva non deixou de chover. Pero nesta, ao fin, ábrese un claro. Unha humana arrástrase a secarse, aproveitando un baleiro na folla. Escorrégase. Acende un lume minúsculo ao pé, para se quecer un pouco. Foi que fuxiu por un pelo. Mira aoSeguir lendo “biblioclastia”
casa de citas ∞
«Calquera tecnoloxía avanzada abondo é indistinguible da maxia» 3ª Lei de Clarke
notas ao programa de Carlos Núñez coa OSG
Nun par de horas comezará un concerto planeado, disque, dende hai 15 anos: Carlos Núñez coa Orquesta Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez. Para os que non asistan pero lles pique a curiosidade do que alí se vai argallar, a seguir as Notas ao Programa que escribín para o encontro: CARLOSSeguir lendo “notas ao programa de Carlos Núñez coa OSG”
3 fragmentos do Ulysses traducidos ao
…galego. O pasado Bloomsday paseino no pub Dublín xunta outra xente, a facer a lectura do Evanxeo do século XX. Oficiou Pedro Ramos. O pacto consistía en ler unha páxina a cambio dunha copa. Moitos leron páxinas ao chou, outros levaban algo preparado. Case todos comungaron con cervexa. Nunca merquei o Ulises. Fíxenme cun exemplar aos 20Seguir lendo “3 fragmentos do Ulysses traducidos ao”
lite+ciencia. Cara á 3ª cultura de Snow
Pensando na ecuación do meu interese pola fusión fría entre literatura+ciencia e na relación inversamente proporcional entre ese entusiasmo e o interese que xera no resto da literatura galega. Malia que ben sei que ese desinterese ten os días contados.
Valentina despídese do seu caimán segundo Escarpa
Cada 16 de xuño media esfera celebra o Bloomsday lendo Guiness e bebendo Joyce sen palliña. Mais tamén habería ser unha xornada [desculpen, son unha criatura do século XXI, polo tanto ABUSO escandaleiramente dos xogos de palabras] un chisco Boomsday: o 16 de xuño agromou no espazo a primeira muller cosmonauta [Agroomday, en galeguinglish?], cosmonautaSeguir lendo “Valentina despídese do seu caimán segundo Escarpa”
a canción de Rufus que mellor soa na ducha
Logo dun concerto no que nos cegou a todos coas súas botas de espello de madrasta de Brancaneves, un xéiser de voz [un xersei de voz, un kaiser de voz… vai parando] e un prodixioso xeito de soster as notas sen que estas se depriman no aire, Rufus Wainwright segue coa súa banda de xiraSeguir lendo “a canción de Rufus que mellor soa na ducha”
un poema de B. Collins que lembra a outro de hai mil anos
/ladaíña/ Tradución de E…E Río Ti es o pan e o coitelo O cáliz de cristal e o viño Jacques Crickillon Ti es o pan e o coitelo o cáliz de cristal e o viño. Ti es o orballo na herba da mañá e a roda ardente do sol. Ti es o mandil branco doSeguir lendo “un poema de B. Collins que lembra a outro de hai mil anos”
aleito
Retomo un vello texto dos tempos do leite, ano 2007, [aquí] e publícoo de novo logo de varialo un pouco. / aleito / I Aléitote no alto, meu neno/ e somos/ un átomo de leite que non existe/ unha formación impura de cristal de leite/ leite dende as Médulas do mundo /cara a succión suave do misterioSeguir lendo “aleito”