/Paxaro azul/ hai un paxaro azul no meu corazón que quere saír pero son ben duro con el, dígolle, queda aí, non vou deixar que ninguén te vexa. hai un paxaro azul no meu corazón que quere saír pero bótolle whisky por riba e trago o fume dos cigarros e as putas e os camareirosSeguir lendo “blue paxaro- tradución de Ch. Bukowski”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
por se algo che quitase o sono
/ de catro a seis / as insomnes todas quedamos á hora mesma no lugar de sempre aló canda o cruceiro e unha estrela xigante que disque leva durmida un millón de anos bendita ela e ai do día que se esperte insomnes que fan país no tempo do despaís aí vou feita unha delasSeguir lendo “por se algo che quitase o sono”
“en poesía poucos tiveron a sonoridade de Nicolás Guillén”, dixo alguén
Nun festival ou encontro ou mancontro de poesía soan moitas cousas: vates de voces profundas como a foxa das Marianas, taquilálicos que len a todo gas, xente que mete ruidiños de fondo, que disecciona instrumentos en vivo, que activa clic mecanismos antigos clic como polaroids ou cintas de casette, e soan tamén silencios homéricos, follasSeguir lendo ““en poesía poucos tiveron a sonoridade de Nicolás Guillén”, dixo alguén”
I love you, I am going to blow up your workplace
limiares en italiano: 0:46 orgasmo retardado: 3:57 simultáneo: 5:20
now, what I want is, Facts
Poetry Hard Times. Poetry Had Times. Poetry Sad Chimes. Poetry Glad Crimes. Poetry Mad Minds. Poetry Drug Rhymes.
un conto con fiaños: Amy Hempel, A seitura
Hai ano e pico lin contos da Amy Hempel. Moitos deles me atraeran pola súa prosa seca e esfiañada, un seu xeito desmañado de coser. A seitura é un conto facilmente rastrexable en rede na súa versión orixinal, aquí sen ir máis aló, así que me puxen a traducilo a galego nestes días, días deSeguir lendo “un conto con fiaños: Amy Hempel, A seitura”
12 de abril, día da cosmonáutica
Non sei que teñen os rusos co universo. Quizais simplemente co escapismo. O escapismo dos contos de fadas, coa insólita Babá Iagá á cabeza, o escapismo do alcool, o escapismo e inmersión no cosmos. De Tsiolkovsky a Tereshkova, de Laika a Zhakonya, a carreira espacial é teima súa, contaxiada en clave bélica aos estadounidenses. ASeguir lendo “12 de abril, día da cosmonáutica”
polo día do libro infantil
O pasado 2 de abril, día do libro infantil, a miña editora preguntou a varios escritores por unha primeira lectura, unha obra especial da súa nenez. Fomos moitos os que mencionamos a Michael Ende. Antes do grande clásico da Historia Interminable, pola miña vida entraron -un Nadal dos 80- Jim Botón y Lucas el maquinista,Seguir lendo “polo día do libro infantil”
tataravoa, ti que me nevas
Onte caeume cinsa enriba, nun parque da Coruña. Disque procedía do incendio nas Fragas do Eume. Tivo tanto de tristura como de arrepío. Como se che nevase enriba unha tataravoa e, con ela, unha tataraneta. Un reino que se petrifica. César Antonio Molina publicaba Eume en 2007, cando desempeñaba o cargo de Ministro de CulturaSeguir lendo “tataravoa, ti que me nevas”