Na intervención que fixen na edición de Naukas Coruña 2017 falei do cableado íntimo entre a ciencia e a literatura ou a arte a través de certas connotacións da escuridade. Coñecemos moitos tipos de escuridade. Dende o clásico lado escuro onde se agocha o mal até as escuras materia e enerxía da astrofísica que, sendo conceptosSeguir lendo “Astronomía e arte: o curioso caso da cianotipia”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
5 compositores para un Museo
Cinco compositores escolleron cinco lenzos do fondo permanente do Museo de Belas Artes da Coruña. Con esas obras en mente e unha letra tomada dun poema elixido tamén por eles, artellaron unha partitura para guitarra, cello, violín e mezzosoprano. O resultado deste experimento estreouse o domingo, 7 de maio, a mediodía no auditorio do propioSeguir lendo “5 compositores para un Museo”
Notas á OSG: Haydn, Bruckner e o éxito
Os pasados 28 e 29 de abril, a Orquestra Sinfónica de Galicia interpretou pezas de Haydn e Bruckner. Lendo sobre eles, as súas vicisitudes vitais, e sobre o que significan e como se combinan éxito e sorte, artellei estas Notas ao Programa: Abono 20: Haydn e Bruckner (Podes ler todas as Notas ao Programa daSeguir lendo “Notas á OSG: Haydn, Bruckner e o éxito”
Roteiro Literatura Ciencia 2016
☞Crónica 23 de abril de 2016 Hai un ano, polo Día do Libro, participei nunha entretida iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega: un dos Roteiros Literarios que argallan cada tempada polas rúas da cidade e as páxinas dos libros, convidando a alguén vencellado coas letras como cicerone. Pola miña banda, tratei de artellar aSeguir lendo “Roteiro Literatura Ciencia 2016”
unha segunda galaxia
As fotos. As fotos de nenos feridos. Ou mortos, como aquel case bebé na praia, coa camisiña vermella, Aylan. Difícil sacudirse a cabeza e sacarse ese horror. Tanto como tratar de solucionar algo simplemente reproducindo esas fotos. Por que as pasamos de ollo a ollo? Que podemos facer con elas? Coa nosa inutilidade de sapiens? Disque sabemosSeguir lendo “unha segunda galaxia”
Notas á OSG: infancia, troula e requiem
Podes ler todas as Notas ao Programa da Orquestra Sinfónica de Galicia que asinei nestas últimas 7 temporadas, en galego e castelán, nesta esta páxina. ABONO 15: MAURICE RAVEL, JUAN DURÁN, GABRIEL FAURÉ. Concertos do 17 e 18 de marzo de 2017 A nosa orquestra ten 25 anos. Moza garrida. Convídanos a irmos «de troula»,Seguir lendo “Notas á OSG: infancia, troula e requiem”
Poesía ao Día
Ao fío deste necesario artigo de Luna Miguel en PlayGround, lembro que hoxe, Día da Poesía, é un día, malia todo, cheo de sentido. Non só pola relevancia de certos textos en si, senón porque principalmente a poesía significa elixir unha voz, un ton no que dirixirnos ao mundo e recibilo, e coido que moitas mulleres eliximos esa canle de expresión porqueSeguir lendo “Poesía ao Día”
e non esquezamos a súa radioactividade
Nalgún momento de 1999 escribira 4 poemas sobre a muller, Os poemas da bela dormente. Choveu moito dende aquela, e dende a facultade de Socioloxía dos 90 e a Teoría de Xénero, O segundo sexo de Simone de Beauvoir, Reacción de Susan Faludi, Betty Friedan, Virginia Woolf, Kate Millet, Celia Amorós, Mary Wollstonecraft, as sufraxistas, Antígona… SaínSeguir lendo “e non esquezamos a súa radioactividade”
Notas ao programa da OSG. A paixón polo descoñecido
Fermoso e arrepiante escribir sobre o que case non se coñece. Meter as mans nesa escuridade, ir ás apalpadas. Unha incerteza que desacouga pero instíganos a seguir adiante. Pasei as últimas semanas escribindo unhas notas ao programa algo difíciles. Ben porque había pouca información sobre as obras que se ían interpretar, ben porque eran directamenteSeguir lendo “Notas ao programa da OSG. A paixón polo descoñecido”
Notas ao Programa. En guerra, Beethoven e Prokofiev
Compoñendo coa guerra trala porta. Beethoven e Prokofiev. Deixo as Notas ao Programa que escribín para o concerto da Orquesta Joven da OSG este 9 de xaneiro en Ferrol e onte, día 10, na Coruña. Concerto para piano nº 5 en mi bemol maior (Emperador), op. 73 (1809-1811) e Sinfonía nº 5 en si bemol maior, op.100 (1944). Revitalizantes.Seguir lendo “Notas ao Programa. En guerra, Beethoven e Prokofiev”