Na estación de autobuses alguén me regala este libro. Un libro novo. Un libro do trinque. Un libro de Ediciones del Viento, garantía de papel avainillado, garantía de letra chusca, garantía de bo contido… [Arelo publicar en Ediciones del Viento? Pois claro, como toda filla do aire coruñés]. Quen mo agasalla só me di: EstáSeguir lendo “ya el abrigo”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
La Poesía
Recibo este agasallo: a imaxe dun lugar que xa non existe. La Poesía. Nunha das pintadas da fachada aparece o prefixo teléfonico da cidade seguido dunha sinatura hip-ilexible-hop. Fíxome nas pintadas que incluén cousas así. Números. Prefixos. Coordenadas polares. A tenrura de algo local, teñen.
por atención
É innecesario dicir que toda a cultura literaria e musical depende da oportunidade de utilizar intres de vixilia [vixiancia, vela] para ler, escoitar, ensaiar e comparar. Cómpre facer notar: fronte á crítica da cultura e a teoría da decadencia ao uso, na historia de todas as civilizacións nunca se investiron tantas unidades de tempo comoSeguir lendo “por atención”
momentos estelares da inhumanidade
As cámaras andan por todas partes salvo por onde deberían. En non poucas ocasións botamos de menos unha ou varias, desde ángulos distintos. Terías que verte, dicimos. Non me digas que non o gravaches, imprecámoslle a alguén con cara de complemento circunstancial de cuxo pescozo pende unha cámara ben metida no seu estoxo, mentres comeSeguir lendo “momentos estelares da inhumanidade”
anatema de Grey
Coa súa fasquía de charlatán vendedor de crecepelo, unha especie de Matusalén stylish e un impecable e pouco alegable discurso de erudito de Cambridge, o xerontólogo e biomédico da Bretaña Grande [UK] Aubrey de Grey – con nome de cabaleiro do Santo Grial, por se fose pouco- dános a desconcertante nova de que nos éSeguir lendo “anatema de Grey”
as barbas a remollo
http://www.elpais.com/articulo/espana/Audiencia/Nacional/interviene/ayuntamientos/Coruna/elpepuesp/20110131elpepunac_6/Tes Creo nas hecatombes. Creo na fin deste Nouvel Ancien Régime. Creo na corrosión total da política a base de lixivia. Raro é cando coñezo a un político e non me visualizo dándolle a man a un señor [ou señora] feudal. [E non temos idea de moitas cousas. Non temos idea de, por exemplo, aSeguir lendo “as barbas a remollo”
panacea
panacea O orfidal nas perdices hai tempo que o inxecta, Cincenta. Non hai nada como isto, non. Cun tic na lingua, Brancaneves -os ollos vermellos redondas mazás red winter– fisga entre cortinas a chegada do camello e un sabor a quark rube polo seu rubor arriba. Pero non hai nada como isto. Oh. Non. OsSeguir lendo “panacea”
soño anotado
Volvín soñar con el: co tsunami que arrasa a miña cidade, ao norte do sur do hemisferio norte. Baixaba eu a Riazor logo de quedar con alguén. Todo o barrio do paseo devira unha praia, azoutada por ondas xigantescas; ficaba apenas nada en pe, nin edificios, nin prazas, nin estadio de fútbol, nin cafés ninSeguir lendo “soño anotado”
em-brión
Esta tarde colaborarei con U-la! Radio, unha radio en vivo [si, radio en vivo] artellada e argallada e gargallada por Ducid [si, o arxentino que fala] e coa compaña de membros radiofónicos de luxo hertziano como Branda [si, o ilustrador que pinta en vivo aos vivos], Pulpiño Viascón [si, o que se di descendente doSeguir lendo “em-brión”
canto nascimento
Comigo vai un amuleto dende moi cativa, baixo un lunar que se me avulta no pescozo.