sobre a vida erótica dos demais

Sobre a vida erótica [fragmento. Diario de un mal año. J.M. Coetzee. Mondadori.] Un ano antes de se suicidar, o meu amigo Gyula faloume do erotismo tal como o coñecía no outono da súa vida. Gyula díxome que cando era novo, en Hungría, fora un gran mullereiro. Pero ao facerse maior, malia seguir sendo tanSeguir lendo “sobre a vida erótica dos demais”

que pasa con Polonia

Algunha mutación xenética opera sobre as xentes de Polonia [e arredores, xa que a propia Polonia foi un país mutante] e moitas delas caen enfermas de literatura da mellor especie. Stanislaw Lem,  Billy Wilder, Witold Gombrowicz, Zygmunt Bauman, Kapuscinski, Zbigniew Herbert, Stanislaw J. Lec [nacidos estes dous últimos na actual Ucraína], Wislawa Szymborska.Karol Wojtila! NesaSeguir lendo “que pasa con Polonia”

a muller que

Solicitáronme un texto baseado nalgunha canción ou artista. O texto será ilustrado despois por el, si: Pablo Gallo. Polo que podo contar, que é máis do que debería, pertencerá a unha serie de retratos de músicos con paxaros na cabeza, moitos dos cales podedes espiar aquí. O músico que escollín chámase PJ Harvey. É unhaSeguir lendo “a muller que”

onte falaches en soños

ONTE FALACHES EN SOÑOS Artigo aparecido na revista do Festival Mozart de A Coruña co gallo da representación de O soño dunha noite de verán, de W. Shakespeare con música de F. Mendelssohn. Morboria Teatro e a Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixida por Rubén Gimeno, máis o Coro da Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixido porSeguir lendo “onte falaches en soños”

tramadol

Analxésico que alivia as dores ocasionadas pola carencia ou inconsistencia dunha Trama. Recomendado a escritores/as con Fe nos Nobelos. A parellas que ignoran como rematar unha Historia. A indecisos que non acertan co primeiro paso cara á Primeira Palabra. A humanos con fe en que toda Causa conleva necesariamente unha Consecuencia. A quén non.  

casa de citas XXV

O proceso de avellentamento no universo verbal segue un ritmo de aceleración diferente ao do mundo físico. As palabras, por de máis repetidas, extenúan e morren, en tanto que a monotonía constitúe a lei da materia: O espírito precisaría dun dicionario infinito, pero os seus medios limítanse a uns cantos vocábulos trivializados polo uso. ÉSeguir lendo “casa de citas XXV”

adiantando ao sol en curvas perigosas

Ultimamente souben que hai xente que: – volve ao troco en pleno post [trans?]capitalismo: ofrece patacas da súa eira a cambio de conexión wi-fi. – planea ver amencer no cabo de Gata e, no mesmo día e tras atravesar de cabo a rabo a pel de touro adiantando ao sol en curvas perigosas, chegar aSeguir lendo “adiantando ao sol en curvas perigosas”