A Revista das Letras de Galicia Hoxe tivo a xentileza de comezar a serie Monográficos do verán cun conto meu. Acheguei este relato un pouco espuriamente relato: Discurso hibridado con. Un monólogo idealizado da convivencia entre a nosa especie e esa outra diferente -pero similar-, ardente -pero queimada-, homo – pero non sapiens-. Claro queSeguir lendo “neanderthal que estás no fósil”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
lista de detalles que te reconcilian coa especie humana
Xa tiña saudades dunha lista. Poña unha lista na súa vida. Verá como, ao rematala, semella que algo encaixa en algo e que vostede… Vostede. Nadie habrá dejado de observar que con frecuencia… atopamos persoas, escoitamos frases, vivimos situacións que, na nosa natural misantropía, tornan o mundo un chisco máis habitable. Un chisco. Máis. Habitable.Seguir lendo “lista de detalles que te reconcilian coa especie humana”
suspense
Pablo Gallo. Xa falei del algunhas veces aquí. El é o autor desta micrometraxe baseada nun texto de Zoommm. Textos biónicos, o titulado suspense. O texto naceu no ano 2002 e ten unha morte prevista para o 3200, aprox. Ata entón poderá ser lido en forma de texto ou sub specie visionaris [corríxeme que meSeguir lendo “suspense”
spoken image, regueifa imaxinaria, words from other world, espoquen uerds, spoken words, fá[bul]as contadas…
Hai unhas semanas convidáronme a dar o meu primeiro recital vía dixital. Foi no LILEC 09, a Feira do Libro e a Lectura de Almería. O ano pasado estivera presente fisicamente, de corpo e alma, e este ano acudín virtualmente. Só coa alma. O recital tiña lugar no pub El Zaguán, mais o único queSeguir lendo “spoken image, regueifa imaxinaria, words from other world, espoquen uerds, spoken words, fá[bul]as contadas…”
Dis-tintas. Distantes
Toda ficción é unha distancia con lampexos de proximidade. O autor real adoito atópase entre os personaxes, camuflado nunha 3ª persoa que semella redimilo falsamente da subxectividade, ese animaliño palpitante, ese lémur, a subxectividade. Coetzee, Rosalía, Nabokov, Woolf, Pessoa, Lispector, Calvino, Rulfo, Nothomb. Podo seguir nomeando miles, millóns [quen non escribe?]. Todos utilizaron ou utilizaránSeguir lendo “Dis-tintas. Distantes”
casa de citas XXI
Courtesy Card Non hai nada máis torpe, oportunista e estéril que sucumbir ao mandato do supereu de inventar continuamente novas transgresións artísticas e provocacións (a performance do artista masturbando no escenario ou cortando masoquistamente, o escultor que desprega cadáveres animais decadentes ou excrementos humanos), ou ao mandato paralelo por se comprometer en formas cadaSeguir lendo “casa de citas XXI”
postmoderno soa a postmortem
Nada tan clásico como un bo postmoderno.
xemoloxía: arte de
As Alfaias, de Fanny+Alexander. Soaron no meu ordenador primeiro, nun CD despois e hai unhas semanas, dende o fustrigante [cando actualizo este post, xa fustrigado] Aberto por Reformas do Xurxo Souto, escoitei este temaso a todo volume regresando pola autoestrada. Alfaias por alfaiates, como se definen os integrantes do grupo nunha entrevista: cosen con minuciosidadeSeguir lendo “xemoloxía: arte de”
leit-motiv ou momento-funil
Momentos-funil son aqueles nos que, fagas o que fagas, semella existir unha turbia forza gravitatoria que che conduce cara ao mesmo punto do espazo, que ben pode tratarse dun concepto. Esta fin de semana todo conducíume cara ao mesmo lugar. Esta fin de semana foi un momento-funil. Primeiro presentóuseme a etimoloxía da palabra: o venres,Seguir lendo “leit-motiv ou momento-funil”
desfragmento
Este fragmento forma parte dun relato. O relato chámase -pensaba que provisionalmente, mais xa non sei, non son dona dos meus actos- Pro Videncia. O relato obtivo un galardón, precisamente o de relatos curtos José Saramago de Santiago de Compostela. O fragmento foi pensado para ese texto concreto. Naceu del. Mais se o elixo paraSeguir lendo “desfragmento”