cara ao notebook marabilloso

Que á tecnoloxía lle lembren que nace dun papel ou dun par de mans acendendo unha lumieira, emociónalle. É normal. A tecnoloxía ten o seu corazonciño. É geek, a tecnoloxía. Polo tanto mal gusto sentimental tamén ten. A tecnoloxía. O seu corazonciño. Evelien Lohbeck é unha muller nova, holandesa, supoñemos que bonita, da terra doSeguir lendo “cara ao notebook marabilloso”

mensaxes moi privadas

A xente que me coñece [define coñecer] sabe que, ademais da odalisca dos botes de pementón e que me rañen no lombo, unha das cousas que máis me prestan é conducir de noite pola autoestrada. Hai algo nas autoestradas. Algo hipnótico nas autoestradas. Algo orbital na autoestradas. E algo argumental nas autoestradas. Un fío intermitente. Seguir lendo “mensaxes moi privadas”

diríase que

Hoxe 12 de abril de 2009 expoño que hai dúas teorías/conspiranoias contra as que creo ter argumentos. Conspiranoia 1: iso de que o home pisou a lúa é unha montaxe. E de Kubrick, ademais. Contraargumentación: os rusos foron os xenuínos frikis do espazo. A mellor literatura de ciencia-fición cósmica procede de Rusia [ou arredores soviéticos].Seguir lendo “diríase que”

os simuladores: de Parrasio a Xoán Fontecuberta

Moito nos presta que nos lembren que todo é simulacro. Que somos simulacións, emulacións ou criaturas inventadas como personaxes dunha ficción. En xeral, cáenos ben iso. Non sei se ten a ver co neobarroquismo actual, coa crise, con que en concreto. Só sei que sabernos un pouco fatuos, un pouco vítimas da ilusión reméxenos aSeguir lendo “os simuladores: de Parrasio a Xoán Fontecuberta”

humano, demasiado non humano

  Cando se ten tos, fálase menos e pénsase máis. Bueno, a ecuación non ten por que ser así si e sempre. Pode devir en que, simplemente, se fale menos. Estes días, como xa cuspín no post previo, tuso. Tuso e, moi de cando en vez, penso. Os pensamentos. Cometas de periodicidade difusa, anárquica. Vacilona. CandoSeguir lendo “humano, demasiado non humano”

a pulmón

Levo días sen escribir e iso apágame da vida. Levo días sen escribir porque acumulei demasiadas notas de futuros posts nos últimos días en Barcelona, nos únicos días en Madrid e nos días alternativos de voos Santiago-Barcelona, Santiago-Madrid, BCN-SDC, MAD-SDC. Demasiadas notas. Demasiado amor por un fillo. Todo iso conforma unha nube-de-tags, un clúster deSeguir lendo “a pulmón”