Eu vin ceros e uns que vós non creriades. Hai cousas. Hai cousas que só acontecen en internet. E, de logo trascenderen, faranno manchadas de cibernética, manchadas deste grotesco e vasto curral que é a rede onde todos se buscan ás agachadas, tecooooleando o seu nome en google. Á súa esquerda, un vaso de algo.Seguir lendo “o telón de ceros”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
revés de versos chineses
Isto é a parte de atrás dun poema chinés. As artes dixitais permiten entrar e saír dun sen pedir permiso. Coido que é o mellor que se pode facer cun poema a día de hoxe: atravesalo de parte a parte. Perspectivizalo. Tamén este évos tremendo. Máis lento. Máis tao. A música.
casa de citas XIII
Sonríe cuando te vayas a fosilizar Que no piensen luego que lo has pasado mal Procura extinguirte con clase y dignidad Piensa en el Museo de Historia Natural Pueblos del mundo, extinguíos. Siniestro total
satoris da ducha V
O facebook… ben, no facebook latexa algo diabólico. Entre outras cousas, funciona como un dispositivo que che obriga a enterarte de conversas alleas. Un audífono mal amplificado. A través dese enxendro do mal entérome dunha nova errata que vén sumarse a esas moitas que socavan os alicerces da nosa cultura, relixión, as nosas creencias máisSeguir lendo “satoris da ducha V”
consulta
Toda a tarde escoitando isto. Unhas 37 veces. Estamos mal, doutor? Traballo arreo con varios textos, sigo a voltas con versos siameses, con fotos intruders, traballo para Silvestar, de Croacia, traballo un monte a cambio de nada. Facendo o que ninguén me obriga, para min. Como cando tiña 10 anos e escribía, escribía, escribía. SenSeguir lendo “consulta”
relato palindromeiro
Un conto de ciencia- ficción. Dende certa perspectiva, un conto siamés. Pegado polo cú ao seu irmán. O autor, un tal Fredric Brown, coñecido no eido da sci-fi. Trátase dun pequeno xogo, mesmo ata pode semellar insubstancial para os amantes de tochos e xenealoxías. Porén, acada unha recompensa literaria moitas veces acariciada e poucas obtida:Seguir lendo “relato palindromeiro”
a orde dun cosmos no interior dun rostro
A orde dun cosmos no interior dun rostro. Hai unhas semanas escribín un conto con ese título, se cadra provisional. O feito de deixalo aquí e por escrito pode resultar definitivo e mesmo condenatorio se eu decido, por exemplo, presentar ese relato a un premio. Semella evidente que un blog non é un libro, eSeguir lendo “a orde dun cosmos no interior dun rostro”
pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica X]
O 21 de febreiro deste ano en curso, de gracia, de desgracia, quéseieu qué foi para vostedes, algo sería porque así coleccionamos os anos na memoria: o ano no que non pasou nada especial, o annus horribilis, o ano das olimpiadas de Pekín, o ano que Khruschev deu un zapatazo, o ano que o avóSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica X]”
satoris da ducha IV
É tan evidente. Malia o moito que lle pese ao meu admirado señor Bloom, antisociólogo, anticultural studies… non é evidente que a grandeza artística atribuída a, por dicir un calquera, Van Gogh, atópase nun punto indefinido da relación entre a súa obra – técnica, trazos, cromatismo, temas- e a súa personalidade, a súa vida eSeguir lendo “satoris da ducha IV”
Evgeni Onegin. Ensaio xeral
Diante de min camiña Minia. Vai vestida de labrega rusa, igual ca min. Seguimos unha serpe azul que fosforece no chan para guiar os nosos pasos cara o escenario. Non falamos. Sentimos chist constantemente. Chist do rexedor. Chist do director. Chist dalgún compañeiro que ordena calar. En todo grupo social pretendidamente igualitario sempre hai algúnSeguir lendo “Evgeni Onegin. Ensaio xeral”