lista de títulos que non serán libro

As listas de cousas que unha non fará xamais adquiren o estatuto da saudade. Son como cartas sen enviar atopadas na faltriqueira dun morto ou cartaces de festa nunha cidade bombardeada. Son o que puidemos ser e non fomos, son álvaros de campos concentrados, son xenios encerrados na intimidade das botellas. Unha vez dentro deseSeguir lendo “lista de títulos que non serán libro”

satoris da ducha III

Quero roubarlle a Eloy Tizón un verbo. O verbo crujir. En galego, un chisco menos onomatopeico, renxer. Armado con ese excepcional verbo da terminación lexemática en -ger [excepto tejer y crujir] este señor de Madrid troca un texto normal [define normal], dos que se len en voz baixa e concentración de conos e bastóns, nunSeguir lendo “satoris da ducha III”

satoris da ducha II

Odiosos son moitos. Imaxinen, de 6.600 millóns alomenos 5.000 deben de ser repulsivos crónicos. Existen algúns odiosos queribles e outros odiosos patéticos. Queribles son aqueles que resultan pesados, inconvenientes non por vontade propia, senón por egocentrismo, ignorancia ou mesmo grosería. Os odiosos patéticos son os aproveitados de calquera caste. Os abusóns. Un subtipo, por exemplo,Seguir lendo “satoris da ducha II”

como cando mordes un debuxo e está cru

Na miña enladrillada e lenemente asmática cidade de provincias, cada ano Batman fai horas extra como sentinela no alto do edificio do Banco Pastor e Spiderman agatuña pola columna estriada do obelisco, supoñemos que ambos coa nobre finalidade de velar polo mundo: as finanzas un e o tempo o outro. Pouco máis fai falla paraSeguir lendo “como cando mordes un debuxo e está cru”

ese escuro obxecto do desexo

Tranquilamente sentada sobre min mesma, inflando e desinflando unha querida caixa torácica e pestanexando cada pouco por necesidades do guión, leo. Leo sentada onda un patio. Leo e leo nun Babelia atrasado que o Meiac de Badaxoz ofrece unha mostra de arte, ciencia e tecnoloxía. Maldición. I eu aquí. Veraneando. Vacacións en cru. Casa feitaSeguir lendo “ese escuro obxecto do desexo”

anuncios x palabras =

Non querería -pero estou a piques de facelo- redundar no tópico pop de que certa publicidade pode rozar máis lírica que un libro de versos impreso, cosido, encolado, distribuído como tal. E vendido e deglutido como tal. Levo varios anos impartindo aulas en publicidade e aventuro que, dentro dese inframundo deostado por servir, vehicular eSeguir lendo “anuncios x palabras =”

pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica IX]

O 14 de febreiro de 2008, día de San Valentín e da matanza de San Valentín e do cumpreanos dunha que coñezo non-chamada Valentín, día no que o sol saíu ás 6:16 h. e deitou ás 17:48 h. e, por se fose pouco -urxe que o saiban-,  o día no que o asteroide 385 IlmatarSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica IX]”