a tensión superficial da auga é a causa de propagación da onda

Imaxe: self-portrait with Detmold’s Arabian Nights and Dante A novela. Hoxe quixen escribir sobre ela. Nada fixen de particular esta mañá. Fun a un parque co meu fillo. Devolvín tarde un par de libros na biblioteca. A bibliotecaria é comprensiva. Non xulga o mundo. Conforma con colocalo no andel correspondente, co seu imperceptible tic organizador.Seguir lendo “a tensión superficial da auga é a causa de propagación da onda”

un derradeiro paseo pola neve

Pablo Gallo volve co seu punch. Este delicioso, derradeiro, navideño e decúbito supino paseo pola neve en stop-motion. Lembrei de Robert Walser. Morreu así. Despois dun paseo pola neve. Alguén cunha cámara inmortalizouno morto. Era Suíza. Pablo corroborou as miñas sospeitas: trátase de Robert Walser. Dixo. Tamén lembrei dun anónimo en Stalingrado, da maléfica raíñaSeguir lendo “un derradeiro paseo pola neve”

na cociña do blog

Vostedes non a ven. Pero os blogs teñen cociña. Unha parte de atrás, un backyard, no que se mesturan os ingredientes que chegan á súa mesa e nós [o maldito plural maestático: eu] fisgo informacións do exterior. O lercheo nútrese aquí, padaléase, como en todas as cociñas. Por exemplo, boto unha ollada na cociña deste blogSeguir lendo “na cociña do blog”

nun día calqueramente estúpido coma hoxe a deriva mental levoume a…

Imaxe: Low tide, de Robert and Shana Parkeharrison Despois de 8 viaxes en avión, unha escordadura e unha mitose en menos dun mes. Resulta. Que. Sigo. Viva. A quen lle importa a miña vida? A ninguén. A quen lle importa non pode lerme. A quen me pode ler non lle importa. A min. A min podeSeguir lendo “nun día calqueramente estúpido coma hoxe a deriva mental levoume a…”

pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica VI]

O día 24 de xaneiro veu Sara Jess ao ciclo este dos bisontes. Sara Jess, pseudónimo de Lara Bacelo. Presentou varias das súas brillantes propostas en vídeo. Primeiro un, protagonizado por Turi: unha conversa baixo a forma de monólogo dun home peculiarmente reflexivo, desinhibido, diagnosticado. De. Esquizofrenia. Conversas con Deus. A conversa deixa momentaneamente pranchadaSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica VI]”

flor carnívora, flor suíza, flor

na imaxe: Fleur Jaeggy Por algunha casualidade que non logro explicarme, moitos dos meus escritores preferidos resulta que son escritoras. Non falo de discriminacións positivas. Dixen moitos de. Outros moitos seguen sendo -ores. E seguirán sendo –ores. E seguramente haberá unha porcentaxe que ignoro de transexuais e se cadra de asexuais. E de amebas. ESeguir lendo “flor carnívora, flor suíza, flor”

casa de citas VIII

ilustración de Rebecca Dautremer: as princesas siamesas Ding e Dong A identidade [e a noción de verdade que leva aparellada] só é posíbel, ao fin e ao cabo, na linguaxe matemática. Só alí, sen referente, é onde A pode ser idéntico a A Chantal Maillard falando de Nagarjuna nun artigo de El País Falando deSeguir lendo “casa de citas VIII”