debuxo de Pablo Gallo Veleiquí o microrrelato: Seguirás a historia co dedo. As ilustracións. Semellan a pluma. Ti non coñecías esa técnica. Son limpos, coma os de Tenniel para Alicia. Non tan litográficos. Rodearás co índice os contornos das figuras. Dalgún modo, ese aceno simple avultará as figuras proxectándoas cara o teu naris. InocularállesSeguir lendo “dedo”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
perversa
Dende Bilbao, este mozo propónme un xogo: poñer textos a uns debuxos para un Libro Voyeur. Forma parte dun proxecto que, de saír adiante, publicaría unha editorial chamada Belleza Infinita [axeonlládevos perante ese nome para unha editorial, oh mortais!]. A cousa aínda non está confirmada, pero gústanme eses xogos: ponlle texto a isto, hala. TrátaseSeguir lendo “perversa”
halograma
foto: Nude in Universal Hologram Hai temas dos que unha criatura na rede elixe non falar. A actualidade máis incisiva. Tanta actualidade. Non son actual. Elixo non falar constantemente de actualidade como tantos e tantos blogs tomándolle o pulso constantemente a… outros blogs. Galiza. Vivo nese país [só semella ser tal cousa en expresións comoSeguir lendo “halograma”
esa ten forma de… de… de post?
Vía Lois Carril chégame esta páxina da que se fai chamar The Cloud Appreciation Society. A malla é un bo diagnosticador do manierismo ao que pode chegar unha sociedade. As capacidades de vínculo entre un ser humano e outro son versátiles, inesperadas. Rocambolescas. Sabemos que hai amigos da tortilla campesiña, asociacións pro tacón de 16Seguir lendo “esa ten forma de… de… de post?”
behin ere ez dena, izaten al da
behin ere ez dena, izaten al da O que nunca é, pode ser Había unha vez no mundo un ser que lía as páxinas dun libro que outro ser escribía. A medida que o segundo ser escribía o primeiro, lía. E tal era a súa fala. Non había neles reproducción. Nin tacto. As palabras queSeguir lendo “behin ere ez dena, izaten al da”
ecuacións binomiais
Gústame máis a voz de Ella Fitzgerald que a de Billie Holiday. [oh, amantes do jazz, chasqueade a lingua] Gústame máis a vida privada de Billie Holiday que a vida privada de Ella Fitzgerald Gústame máis quedarme atrás que chegar primeiro Gústame máis publicar aquí que en edición impresa Isto ten algo de sexo inesperado.Seguir lendo “ecuacións binomiais”
pinte un bisonte na caverna, por favor
fotografía: pequesquimal Iván López Gimeno foi o primeiro convidado a este experimento. Unha mostra de traballos que teñen como común denominador o xiraren arredor dunha pantalla. O ollo hipnótico. Mitoxénico. Temíbel. Carente de pálpebras. De bágoas. As pantallas son signos dun ollar febril. Coma o dun crocodilo. O experimento toma a forma dunha mostra deSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor”
uf
Natalie Shau… Uf [acepto tamén arf e grrr ante esta imaxe da Shau] ***** Deixáchela soa. No hotel [era un hotel]. Á muller [era unha muller]. Tiña que ter os ollos tapados. Tiña que soster unha rosa. A desgana xa era súa. Súa. O guión non falaba de languidez. Habías observala como se observa unhaSeguir lendo “uf”
herrando
Comezo este texto mirándote a ti, quen sexas, con certo estupro. Perdón, quixen dicir estupor. Así é a historia do homo: unha sucesión de erratas de posible alcance épico. Nunha película recente, Benicio del Toro entraba nunha xoiería en Amberes disfrazado de xudeu e dando unha pantagruélica explicación sobre o erro de traductor no queSeguir lendo “herrando”
casa de citas VI hiperidealismo matemático
Queremos saber ata onde iría unha xavalina coa forza da gravidade que existe en Xúpiter? Abonda con poñer en marcha as ecuacións, substituír g por 27 m seg -1 e resolvelas. Non precisamos ir ata Xúpiter e lanzar unha. De aquí ao infinito, Ian Stewart