Nalgún momento de 1999 escribira 4 poemas sobre a muller, Os poemas da bela dormente. Choveu moito dende aquela, e dende a facultade de Socioloxía dos 90 e a Teoría de Xénero, O segundo sexo de Simone de Beauvoir, Reacción de Susan Faludi, Betty Friedan, Virginia Woolf, Kate Millet, Celia Amorós, Mary Wollstonecraft, as sufraxistas, Antígona… SaínSeguir lendo “e non esquezamos a súa radioactividade”
Arquivo de categoría:literatura: esmelga de textos propios
Notas ao programa da OSG. A paixón polo descoñecido
Fermoso e arrepiante escribir sobre o que case non se coñece. Meter as mans nesa escuridade, ir ás apalpadas. Unha incerteza que desacouga pero instíganos a seguir adiante. Pasei as últimas semanas escribindo unhas notas ao programa algo difíciles. Ben porque había pouca información sobre as obras que se ían interpretar, ben porque eran directamenteSeguir lendo “Notas ao programa da OSG. A paixón polo descoñecido”
Notas ao Programa. En guerra, Beethoven e Prokofiev
Compoñendo coa guerra trala porta. Beethoven e Prokofiev. Deixo as Notas ao Programa que escribín para o concerto da Orquesta Joven da OSG este 9 de xaneiro en Ferrol e onte, día 10, na Coruña. Concerto para piano nº 5 en mi bemol maior (Emperador), op. 73 (1809-1811) e Sinfonía nº 5 en si bemol maior, op.100 (1944). Revitalizantes.Seguir lendo “Notas ao Programa. En guerra, Beethoven e Prokofiev”
da nasa ao ceo
Xosé Iglesias, poeta e mariñeiro, compartiu hai días esta foto dunha das súas capturas no mar, ao berro de Galiza Power. Alfredo Ferreiro propuxo que escribísemos algún texto de homenaxe ao centolo para a web Palavra Comum. Isto foi o que se me veu á cabeza (pero non ao estómago), unha especie de cantiga infantil ao centoloSeguir lendo “da nasa ao ceo”
un poema en Strange Horizons- a mazá na Gran Mazá
Nunca sabemos cómo se vai interpretar o que publicamos nin o que deixamos atrás. Vai dereito a outro planeta, o planeta das re-interpretacións e re-creacións, e son outros os cerebros que o habitan. Escribín «lingua sobrenatural» hai máis de 4 anos -comezárao hai 15 e quedou en suspenso- e lino publicamente por vez primeira nun «Poetas daSeguir lendo “un poema en Strange Horizons- a mazá na Gran Mazá”
Notas á Orquestra Sinfónica de Galicia: ourizo vermello e gato prateado
Os pasados 4 e 5 de novembro a Orquesta Sinfónica de Galicia programou dúas obras que chocan como placas tectónicas para levantar cordais entre os partidarios dun compositor ou doutro. Brahms e Liszt coñecéronse e probablemente admiráronse máis do que se quereron. Pero esas disputas musicais crearon unhas condicións efervescentes das que logo xurdirían Wagner, Strauss eSeguir lendo “Notas á Orquestra Sinfónica de Galicia: ourizo vermello e gato prateado”
No club de lectura do IES Valadares
O pasado 31 de maio convidáronme do Club de Lectura do IES Valadares de Vigo a dar un recital de poesía. O fotógrafo e docente do centro, Anxo Cabada, foi o meu cicerone, levoume a pasear polo labirinto de Castrelos mentres me contaba historias dos chamados «piratas» da illa de Ons, ou das familias queSeguir lendo “No club de lectura do IES Valadares”
que rima con irmán?
Hai unhas semanas, logo de ver unha película de ciencia-ficción con Y., soñei de novo contigo, meu irmán. Dábache unha aperta no comedor e ti preguntábasme, preocupado: «Pero mamá sabe que estou morto?»
Notas ao programa da OSG: Debussy, Ginastera, Falla
Esta fin de semana, a Orquestra Sinfónica de Galicia tocou pezas de Claude Debussy, Alberto Ginastera e Manuel de Falla. Aires folclóricos, ás veces verídicos (Ginastera, Falla) e outras inventados (Debussy). Estas son as notas ao programa de man que, como sempre, disfrutei escribindo (a traducindo a castelán, por se non sodes galegofalantes) e, quizais,Seguir lendo “Notas ao programa da OSG: Debussy, Ginastera, Falla”
«Todos los libros que me envías son bombas de estallido lento, tesoros que se me encarnan como uñas»
Hai dous anos deixounos Ana Santos Payán, Ana Gaviera, a nós e ao mundo da edición, e da seducción da edición e da ledicia na edición. E da palabra e do papel. O primeiro que vexo se penso nela, como no gato de Cheshire, é un sorriso. O derradeiro tamén. E no medio, unha cheaSeguir lendo “«Todos los libros que me envías son bombas de estallido lento, tesoros que se me encarnan como uñas»”