Esta noite habemus musica no Pazo da Ópera da Coruña, da man da OSG. Onte estiveron en Santiago de Compostela e hoxe toca partido en casa. Sibelius, Haydn e Shostakóvich. E a violinista francesa, de orixe rusa, Alexandra Soumm. Por se ides, ou por se non ides, eis os artigos que escribín para o programa de man -eSeguir lendo “Notas á Sinfónica: Sibelius, Haydn, Shostakóvich”
Arquivo de categoría:literatura: esmelga de textos propios
unha cousa mundial, premenstrual e peluda
8 de marzo. Un día como outro calquera, pero este con nome, para reivindicar o que xa non ten nome. E aínda que unha das regras do club das mulleres é que non fai falla ter a regra para ser muller [nin a regra, nin fillos, nin parella masculina, nin a sentimentalidade, nin o peloSeguir lendo “unha cousa mundial, premenstrual e peluda”
afgana
En outubro do ano 2001 a Agrupación Alexandre Bóveda organizou unha exposición de fotografías de mulleres afganas. Un total de 25 imaxes baixadas de internet, que irían acompañadas de 25 textos de escritoras, poetas e xornalistas. Non teño xa a imaxe que me mandaran a min para escribir o poema. Sei que a muller que aparecíaSeguir lendo “afgana”
a pregunta
En maio de 2015 tiven unha conversa con alguén doutro país, do corazón de Europa, nunha illa do Mediterráneo. Falabamos inglés, malia non ser a lingua nativa de ningún. Unha pregunta trivial, nun contexto relaxado, nunha habitación lonxe das nosas casas, converteuse nunha cuestión urxente, estarrecedora, só tres días despois cunha catástrofe humanitaria no mesmoSeguir lendo “a pregunta”
e dun golpe, dun soio/ deixainos con vida
Hoxe, a singularidade do calendario, o 29 de febreiro, lembro a Rosalía, xa que non o fixen o 24. E escribo aquí de novo o poema que me encargaran a partir duns versos dos Cantares Gallegos. Pasaron case dous anos e segue a ter sentido. Estes son os versos de Rosalía e, de seguido, o poemaSeguir lendo “e dun golpe, dun soio/ deixainos con vida”
A través da porta estelar
O venres 26 e o sábado 27 de febreiro, o Pazo da Ópera da Coruña acolleu música interestelar. Ligeti e Strauss. Eis a notas que escribira para as 3 pezas deste programa de abono da Orquestra Sinfónica de Galicia. Podes lelas en castelán aquí. O resto de artigos creados expresamente para programas musicais da OSG dendeSeguir lendo “A través da porta estelar”
toda esa enerxía escura
Nunca viu a luz en papel, este poema naceu para ser a base dunha canción do grupo Fanny+Alexander en 2008, no seu disco Alfaias, no que colaboraron moitos creadoras de contidos do noso país. Para aquela enerxía escura que lles mandara, o dúo compostelán compuxo un tema moi acaído á letra do poema -que non o puña fácil,Seguir lendo “toda esa enerxía escura”
radiación ionizante
Radiación ionizante Agardamos polx poeta. Aos tombos, entran un par de pés que corren sen pensar. Pode que de primeiros, si, pero pouco certeiros. Chega unha boca enxoita ensalivándose a si mesma: «Di que son a mellor poeta viva». Convidámola a 80 talladas de sandía: así, caladiña. Aos poucos, unha man solta a manipular xornalistas eSeguir lendo “radiación ionizante”
cera para o hexágono
No 2015 saía zumbando á luz un ensaio hexagonal sobre experiencias e didácticas de poesía nas aulas. A iniciativa partiu das laboriosas editoras da colmea de Apiario e fomos 6 as persoas convocadas a dar o noso enfoque, inaugurándose cun limiar de Agustín Fernández Paz: Yolanda Castaño, Carlos Negro, Celso Fernández Sanmartín, Dores Tembrás, Antía OteroSeguir lendo “cera para o hexágono”
mulleres e ciencia en 13 relatos
Foi un dos grandes praceres do meu 2015: elaborar os guions de 13 micro-episodios sobre investigadoras no eido da biomedicina que logo narraría en Radio Voz acompañada do meu fillo, nos meses de marzo e abril. Un privilexio dentro do proxecto Biomedicina con y para la sociedad, da investigadora e divulgadora de arte e ciencia Joana Magalhães, levadoSeguir lendo “mulleres e ciencia en 13 relatos”