O Consello da Cultura Galega, xunta a Fundación Rosalía de Castro, púxose en contacto cunhas cantas persoas do sexo feminino e, como era de esperar, deunos un consello. Un consello cultural. Un consello galego. Dentro dos actos arredor do congreso «Rosalía de Castro no século XXI», os centocincuenta anos de Cantares Gallegos, o día daSeguir lendo “o transvisible”
Arquivo de categoría:literatura: esmelga de textos propios
papel a punto de
Dende hoxe penduro en pdf para quen queira ver, ler ou descargar papel a punto de, un poemario que se publicou traducido a castelán en 2011 por El Gaviero Ediciones e que nunca se publicara ao completo en galego -si moitos dos seus textos en revistas, blogs ou libros colectivos-. Para a cuberta, o artista ThomasSeguir lendo “papel a punto de”
Notas ao programa da OSG: Escudero-Ravel-Brahms
O venres 15 e o sábado 16 de marzo a OSG ofrece o seu Programa XVI desta temporada e, xa que estamos nun fin de inverno cheo de fumareos, rebullóns e chuvia a fartar, a música escollida atravesa unha climatoloxía variable como a propia primavera que, sospeitamos, se aveciña. Un bailarín alucinóxeno, un tren en marchaSeguir lendo “Notas ao programa da OSG: Escudero-Ravel-Brahms”
hibridámonos unha e outra vez
Aos vintetantos eu non lera demasiado sobre os neandertais, pero o pouco que se ía sabendo deles me fascinaba. Dende finais do século XX había cada vez máis fósiles, cada vez máis artigos, cada vez máis libros que desenterraban aos poucos aqueles clans perdidos. Aqueles medio irmáns. Para unha individua que ten o sentimento deSeguir lendo “hibridámonos unha e outra vez”
CO2 do carallo
Onte nunha charla no planetario local: «O CO2, ese gas a nos escarallar o clima, podería crear en Marte unha atmosfera» Quedamos coa bocalada de O2 a medio camiño do bronquio. Así que o CO2 que fai infumable pode facer habitable o CO2, cuxa cabeza até onte tiña un prezo, seica mañá requira almacenaxe, distribución interplanetaria, leisSeguir lendo “CO2 do carallo”
disidencia
| disidencia | no interior dun cristal de sal de hai 250 millóns de anos, canda bacterias en vivo estado de suspensión, atoparon o berro que non deches cando debiches ter berrado un berro feito a fentos as burbullas de carbono do aire que tomaches para dalo as súas titanias e oberóns diminutos amordazados conSeguir lendo “disidencia”
mulheres e as babuchas
Dende o pasado 5 de xaneiro se alguén se achega á galería Vértice, en Estoril [Portugal], atoparase dentro da exposición colectiva «Mulheres e as babuchas», un proxecto comisariado por Renata Carneiro na que colaboran 30 mulleres de Portugal, Francia e España intervindo unhas babuchas marroquís de home. En palabras da propia Carneiro: «Mulheres e as Babuchas surgiuSeguir lendo “mulheres e as babuchas”
notas ao programa da Orquesta Joven da OSG
A quen lle interesen as notas ao programa de man do concerto desta noite [9 de xaneiro de 2012] da Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia [en programa romanticismo e post-romanticismo: von Weber, Glière e Wagner] aquí as ten: Carl Maria von Weber O Cazador Furtivo-Obertura (1821) Unha das primeiras pasaxes que escoitaredes, tras oSeguir lendo “notas ao programa da Orquesta Joven da OSG”
lingua sobrenatural
:: lingua sobrenatural :: se abres unha mazá se lle partes o corazón no medio cun corte crocante dos que desprenden olor un cheiro rubio profundo por un silencio a clorofila se abres a mazá así entre as túas mans de primate esas mans que non coñezo e adoro de antemán se cortas | aSeguir lendo “lingua sobrenatural”
autorretracto
Hai varias semanas, o fotógrafo A. C. solicitoume un texto “algo así como un autorretrato” para un proxecto de seu. Os autorretratos déixannos coa cullerada de iogur a medio camiño da boca. Que é boa parte da poesía nos últimos séculos senón un redundante autorretrato do seus autores? Un autorretrato honesto cando son bos, descaradamenteSeguir lendo “autorretracto”