sen nós

Moita da nosa tecnoloxía vai encamiñada a baleirar a terra de nós. Os foguetes, estacións espaciais, as Biosferas 2, esa teima coa auga noutros planetas… Tramamos algo, está claro. Querémola ben, si, á terra, pero non sabemos con exactitude durante canto tempo máis vainos aturar… Querémola moito, pero queremos tamén a outra. Ou quereriamos outra.Seguir lendo “sen nós”

plaquette

[Aviso: este post contén material self-bomb e substancias de marketing moi-même que poden estourar ante o seu nariz e ferir gravemente a súa sensibilidade. Non apto para extrínsecos] Voei hai varias semanas a Alcobendas e alí falei diante dun micrófono e unhas cantas persoas, mimada polos organizadores dun ciclo de recitais poéticos, ciclo que meSeguir lendo “plaquette”

enerxía escura por todas partes

Se introduces [clic] neste fotograma de Lotte Reiniger chegarás á canción que levo escoitando toda esta tarde. Moverás os beizos como eu os movo esta tarde. Sacudirás o cranio como eu o sacudo esta tarde. Talvez infectarante todos e cada un dos meus pensamentos desta tarde e repetirás a súa milimetrada secuencia, dende os dousSeguir lendo “enerxía escura por todas partes”

un estado de cousas mutante [conclusións precipitadas sobre lei e piratería]

Conclusións sobre lei e piratería: 1.- Como broma, o anteproxecto estivo ben. Agora cómpre beber un groliño de auga e recuar un chisco 2.- Ai de quen se meta con Internet e o seu sacro dominio de “cultura democrática e para todos”, sobre todo eses que tanto amamos amades a cultura. A que vai conSeguir lendo “un estado de cousas mutante [conclusións precipitadas sobre lei e piratería]”

demiurgo Harryhausen

Na miña introdución ao mundo das salas de cine xogaron un papel crucial os cambios de mozo da miña curmá S. De non ser por eles, o meu curmán e mais eu non teriamos asistido de carabina a ducias de películas. Películas que aínda queiman celuloide na miña memoria.  As primeiras que eu lembro. OSeguir lendo “demiurgo Harryhausen”

que nos levou a ser neofalantes en galego?

Rematou hai unha semana o encontro de Novos Escritores deste ano. Na mesa na que me tocou falar, O peso da nación, Sechu Sende predixo que o futuro do galego será neofalante ou non será. Concluímos a mesa de debate nestes termos: como moitos dos que falamos e escribimos galego a día de hoxe somosSeguir lendo “que nos levou a ser neofalantes en galego?”

more número 9

Ante a inminente estrea desta peli: lembrei destoutra curta marabillosa en stop-motion con música machaconamente melancólica de New Order.  A temática non é igual, claro, a relación máquina-civilización humana apenas existe na curta de Mark Osborne, senón máis ben un desencanto finisecular polo traballo e o capitalismo. E a saudade. Unha saudade impenetrable, rescatada nunSeguir lendo “more número 9”

a perdición da trama

Contar unha historia. Saber contar unha historia. A novela quere saber contar historias. Ás veces a modo de redacción escolar. Ás veces a modo de guión cinematográfico. Pregúntome. Pregúntome por que. Por que esa teima decimonónica en contar historias. En contalas ben, por entregas. Esa entrega nas entregas. Por que. En tramas que turren deSeguir lendo “a perdición da trama”