Craváronme uns dardos polas costas. Dous. Un e dous. Agora hei facer eu o mesmo. Penso. Non me saen 3 dardos. Sáenme máis de 3. Pero debo cinxirme a 3. As regras escrupulosamente din 3 dardos. Non 2 nin 8. 3. As regras tamén din, escrupulosamente, que debo pendurar a foto dos dardos nesta entrada.Seguir lendo “dardos a dar”
Arquivo de categoría:macedonia
o tenente inexistente
Por fin atopei de novo esta música. Por fin bucanereina. Por fin segundos prodixiosos. Existen melodías que levamos incrustadas no código xenético e pasan anos ata que volvemos dar con elas. Cando iso acontece, cando iso acontece, cando iso acontece a pel dásenos a volta, nos nosos miolos, na súa noite perfecta e cranial, unSeguir lendo “o tenente inexistente”
temporalmente sen nome
O día 23 de xaneiro de 2009 era hoxe. Tíñao ante min, detrás ou entre min. Era un día alerta laranxa. Malia iso, por iso, era un día fermoso. Na mañá, G. fora ao médico. Díxomo onte. Seino porque iso turbáballe un pouco o ánimo. Eu preguntáralle. Logo, a nosa rutineira conversa telefónica de cotíoSeguir lendo “temporalmente sen nome”
drake
Existe unha ecuación, a ecuación de Drake, desenvolvida para calcular a probabilidade de civilizacións con vida intelixente que poidese haber no universo. Nunca oín falar de unha que calculase esa probabilidade aplicada ás da Terra. Nunca oín de unha que calculase a probabilidade de vida melancólica ou nostálxica no universo. Nunca oín de unha queSeguir lendo “drake”
or-occ
Dúas das películas de animación dos últimos anos [se exceptuamos a marabillosísima A Princesa Mononoke e Wall-E] que considero máis redondiñas en canto a síntese entre argumento e realización técnica veñen de máisoumenos Francia e tocan o tema Oriente-Occidente, integración e desintegración: Persépolis [2007], da debuxante iraní Marjane Satrapi [obvia descendente de sátrapas persas?] eSeguir lendo “or-occ”
sistemas autoinmunes
A conversa máis ou menos transcorre así: -Ola, bo día. Pode pasarme con intervención? -Si, de parte de quen, por favor? – Chámome Estíbaliz. Estíbaliz Espinosa – O motivo da chamada? – Quero saber en que estado do trámite se atopa unha factura dun concerto que dei hai 5 meses – Agarda, creo que oSeguir lendo “sistemas autoinmunes”
sedimentos
Espertei con Y na cama. Estivemos xogando moito tempo, toda unha infancia, baixo as sabas. Trato de visualizar de que xeito se configurará toda esa alegría na súa memoria. Antes dos 3 anos as memorias son plancton difuso arquivado ao chou nas gavetas do laboratorio cerebral das sensacións. Hai gavetas de sensacións? Son fragmentarias? NonSeguir lendo “sedimentos”
this was you
Estou soa nalgún lugar desta frase, entre onte e hoxe, entre norte e sur. Entre. Aquí. E. Alá. O derradeiro día do ano parece preciso dar explicacións de algo, facer listas de algo, facerse unha foto de un mesmo facendo algo. A miña foto deste instante é: unha vella chaqueta de lá fucsia un nenoSeguir lendo “this was you”
nubes pasan
Tamén o que escribimos. Tamén o que escribimos todos os miles de millóns que escribimos, que escribides. Tamén moitos deses textos ficarán como escritos con tinta simpática. Irán esluíndo. Mimetizando co empapelado. Coa paisaxe. Coas nubes que pasan. Pasan. Calan.
reductio ad
De ser algo, serei a redución a este texto. Non me queixo. Moita xente non é máis ca unhas mans a enguedellar cestas ou un lombo que sobe e baixa minas. Moita xente é un discurso esquecido, si. Pero moita outra é un discurso atravesado na garganta antes de emerxer. A fin de contas, unhaSeguir lendo “reductio ad”